Martes, 05 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 16:11:25 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 12 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño levará a FITUR ás mulleres do Camiño Portugués

O rexedor de Nigrán, Juan A. González, será o novo representante institucional

As alcaldesas e alcaldes dos 14 concellos reuníronse este mércores 12 no Pazo de Mos, onde fixeron balance moi positivo do último ano e acordaron presentar a candidatura ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino

Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para dar a coñecer o seu potencial turístico. As alcaldesas e alcaldes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) celebraron unha reunión este mércores 12 no Pazo de Mos para facer balance do último ano e quentar motores para participar por terceiro ano consecutivo na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, un dos principais encontros do sector turístico de Europa.

 

Nesta ocasión, o Xeodestino levará á cita ás ‘Mulleres no Camiño Portugués’, unha orixinal proposta na que varias protagonistas vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo ofrecen unha narración coral contando a súa experiencia e a importancia que ten para os concellos do territorio o Camiño de Santiago. As propias protagonistas presentarán a iniciativa acompañadas da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o vindeiro xoves 20 de xaneiro ás 11.30 horas no stand oficial de Galicia no pavillón 9 de FITUR. Será o último evento da rexedora de Mos como representante institucional do Xeodestino, tras dous anos ao fronte tras a chegada da pandemia e a reactivación da actividade o pasado ano. Daralle o relevo como representante institucional o alcalde de Nigrán, Juan A. González.

 

Balance positivo

Durante o encontro, os rexedores e rexedoras fixeron un percorrido por todas as accións celebradas o pasado ano 2021, que o Xeodestino pechou cun balance moi positivo. Ademais da elaboración de material promocional, da continua visibilización do territorio a través da web e das redes sociais, tamén se ampliou o banco de imaxes, recollendo un alto número de imaxes que reflicten a experiencia de vivir e desfrutar dos concellos do xeodestino.

 

Pero se houbo algunha das accións que destacara máis foi a posta en contacto por primeira vez ás diferentes empresas turísticas e do sector primario do territorio no que participaron arredor de 40 entidades, xerando relacións e potenciais sinerxías entre elas. Tamén se levaron a cabo accións de promoción da enogastronomía, como a posta en marcha dunha food truck itinerante por diferentes puntos de Galicia para a degustación de produtos da terra: 5 días de xira con 8 receitas diferentes que remataron con máis de 1.000 tapas servidas.

 

Durante o encontro acordaron ademais a presentación da candidatura do Xeodestino á convocatoria do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, un instrumento co que se busca dar pulo á transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.