PROVINCIA
Enerxétika 2022 estrea o SIE no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA
ESTA ÁREA DE INNOVACIÓN PODERÁ VISITARSE DURANTE TODOS OS DÍAS DO CERTAME, O CAL SE EXTENDERÁ DO 3 AO 5 DE FEBREIRO
A feira Enerxétika prepárase para celebrar a súa terceira edición no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, o cal se converterá do 3 ao 5 de febreiro en punto de encontro do sector da enerxía.
Entre as súas novidades está o Salón da Innovación Enerxétika (SIE), un espazo dedicado a poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en calquera dos subsectores do certame.
Os proxectos que terán presenza nesta área serán seleccionados por un xurado entre todas as propostas que reciba a organización. Establecéronse dúas seccións, profesional e académica. Na primeira poden participar empresas e entidades, públicas e privadas, tanto que sexan expositoras ou coexpositoras de Enerxétika como que non o sexan, aínda que para estas últimas terá custo e para as primeiras non. A segunda sección está orientada a alumnos de Escolas Universitarias, centros de Formación Profesional e outras entidades educativas, para as cales a inscrición é gratuíta.
Cada empresa ou entidade pode presentar máis dun proxecto, o cal, se é seleccionado, mostrarase a través dun panel informativo no SIE, o que lle outorgará unha gran visibilidade entre o público. Os proxectos deben estar en funcionamento ou ter posibilidades reais de aplicación no mercado.
Este Salón da Innovación poderá visitarse durante todos os días de celebración de Enerxétika 2022. As condicións de participación poden consultarse na web da feira, www.enerxetika.com
Foro Enerxético de Galicia
O xurado que valorará os proxectos presentados será profesional e independente, totalmente alleo á organización. Estará formado por membros do Foro Enerxético de Galicia, grupo de debate representado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da enerxía na Comunidade galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91