IGUALDADE
A Xunta abre o curso 2022 no campus de teleformación en igualdade laboral
Máis de 300 persoas inscribíronse a esta actividade, a primeira dun catálogo de máis de vinte cursos cos que a Xunta ofertará este ano 5.000 prazas de teleformación
A Xunta de Galicia estreou esta semana o curso 2022 do seu espazo de teleformación en igualdade laboral, cun taller en liña gratuíto de catro horas no que se aborda a orixe sociocultural das diferenzas de xénero e a situación do emprego feminino en relación aos coidados. A actividade, que foi inaugurada por Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais, conta con máis de 300 inscritos. É intención do Goberno ofertar este ano un total de 20 cursos, máis de 5.000 prazas de formación aberta á cidadanía, no campus virtual estreado en outubro.
A directora xeral amosou o seu desexo de que con estas medidas se “avance” na igualdade real nas condicións de traballo nas empresas, de todos os colectivos que sofren discriminación. Cursos como o de hoxe, diríxense especificamente ás persoas con capacidade de decisión para inserir o principio de igualdade no seo das organizacións, como participantes nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación.
A sesión de hoxe distribuíuse en 4 horas docentes, impartidas por Ana Isabel Pérez Simal, delegada de Comisións Obreiras en Galicia e Mónica González Otero, inspectora de traballo e seguridade social. Entre outras temáticas relacionadas coa igualdade laboral, abordaron a división sexual do traballo, o emprego feminino no sector dos coidados desde o punto de vista das estatísticas, as desigualdades no mercado de traballo, as causas da fenda salarial e o teito de cristal, a conciliación, a división sexual do mercado de traballo (traballos feminizados e masculinizados) ou a fenda das pensións.
A participación nestes webinarios gratuítos permiten ás persoas asistentes obter un certificado de aproveitamento
Mancha aproveitou a ocasión para comunicar o lanzamento do segundo taller que o campus virtual celebrará o próximo 25 de xaneiro, co seu prazo de inscrición xa aberto, sobre a igualdade de oportunidades e a prohibición de discriminación desde o punto de vista da normativa, os plans de igualdade e a negociación colectiva.
As persoas participantes nestas actividades poderán obter o correspondente certificado de aproveitamento do taller sempre que asistan á sesión en liña e respondan satisfactoriamente a polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que se facilita ao seu remate con varios días para poder cumprimentalo.
Formación gratuíta
Tal e como lembrou a directora xeral, a Xunta iniciou o ano pasado unha forte aposta por dar a coñecer as novidades desta normativa de igualdade laboral e por impulsar o desenvolvemento da elaboración dos plans de igualdade nas empresas. En 2021 máis de 3.000 persoas recibiron o seu certificado de aproveitamento vinculado á formación na materia ofrecida de maneira gratuíta pola Administración autonómica, sendo ademais Galicia a primeira e única comunidade autónoma en impartila en modalidade virtual.
En 2022 o Goberno galego ofertará 5.000 prazas en cursos que afondarán, entre outras cuestións, na fenda salarial, a desconexión dixital, os teitos de cristal ou o teletraballo.
“Queremos concienciar a toda a sociedade galega sobre a importancia do valor da igualdade e a necesidade de que este valor se materialice nunha realidade o máis pronto posible”, incidiu Mancha. “Por moi ben que se faga a diagnose dos plans de igualdade, e as empresas vaian adoptando as medidas e as decisións necesarias para facer esta realidade un feito, non chegaremos á igualdade real e efectiva ata que todas e todos gravemos na nosa conciencia social e colectiva que homes e mulleres teñen os mesmos dereitos a exercer a súa profesión e baixo as mesmas condicións”, engadiu.
Os orzamentos do Goberno galego reservan para 2022 máis de 2,2 millóns para o fomento da igualdade laboral, cos que se seguirá a apoiar aos axentes sociais e empresariais nos seus plans de formación sobre o diálogo social e a negociación colectiva; así como á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial por razón de xénero; e se subvencionará ás empresas e particulares que implanten plans de igualdade e medidas de conciliación.
Toda a información sobre a oferta formativa da Xunta en materia de igualdade laboral pódese consultar na web aigualdadelaboral.gal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149