PROVINCIA
A Xunta acomete a modernización do IES Torrente Ballester
O delegado territorial, Luis López, supervisa a mellora deste instituto, a primeira do presente exercicio en Pontevedra e que se enmarca nun plan que beneficiará a unha decena de centros educativos da cidade no presente ano
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de acometer a primeira obra educativa do presente ano en Pontevedra coa modernización do IES Torrente Ballester, centrada na rede de fontanaría e na adopción de medidas de eficiencia enerxética.
Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou esta semana as actuacións realizadas neste instituto por un importe superior aos 250.000 euros acompañado do xefe territorial de Educación, César Pérez, de responsables da unidade técnica e do director deste centro público.
“Coa renovación do IES Torrente Ballester arrancamos con forza un ano que vai ser histórico para os edificios educativos da cidade, xa que imos actuar en torno a unha decena de colexios e institutos co obxectivo de convertelos en espazos máis confortables, seguros, amplos, polivalentes, versátiles e funcionais seguindo as directrices que nos marca o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”, detallou o representante autonómico.
Esta derradeira actuación no IES Torrente Ballester, ao que se destinaron máis de 700.000€ na última década, está adaptada aos criterios do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
En canto á actuación xa realizada no IES Torrente Ballester, consistiu na renovación de todo o sistema de fontanaría, mudando as antigas tubaxes de ferro por unha nova rede de aceiro inoxidable á que se engadíu un novo colector, e a adopción de medidas de eficiencia enerxética co cambio de todas as carpintarías exteriores.
Así, instaláronse novas fiestras con rotura de ponte térmica, vidros de última xeración e apertura oscilobatente, ao tempo que se colocaron persianas de tipo monoblock e capialzados de cartón-ieso. Ademais, toda a instalación lacouse en cor azul seguindo as indicacións do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade completou con esta dobre actuación a modernización do IES Torrente Ballester de Pontevedra, que recibiu na última década máis de 700.000 euros en investimentos para obras tan destacadas como o cambio de cuberta, a nova biblioteca, a dotación de sinaléctica ou a reforma do sistema eléctrico, entre outras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91