Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Xunta de Galicia investirá 3 millóns de euros no Porriño para a descontaminación por lindano

Ángeles Vázquez e Alejandro Lorenzo coinciden na necesidade de que o Goberno central se implique tamén na solución do problema en Galicia, como fixo en Aragón

A Xunta de Galicia investirá 3 millóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario principal do lugar do Contrasto, no Porriño, unha obra que comezará este ano. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao novo alcalde pontevedrés, Alejandro Lorenzo, con quen mantivo esta semana unha reunión para abordar este e outros asuntos de interese para o municipio.


A conselleira explicou que con cargo aos orzamentos da Xunta deste ano xa se está actualizando o proxecto redactado en 2017 para intervir na pista municipal do Contrasto polo que estima que, tan pronto como se complete este paso, poderá iniciarse a tramitación do contrato para executar as correspondentes obras.


Este esforzo investidor sumarase ás outras xestións e iniciativas impulsadas polo Goberno autonómico para intervir ante a presenza deste material contaminante no Porriño. Así, recordou que o Goberno galego consignou nos últimos anos máis de 6,5 millóns de euros de fondos propios á posta en marcha de diversas actuacións para identificar e atallar a situación neste municipio, como o estudo da cela de seguridade ou o plan de investigación integral das zonas afectadas en todo o termo municipal porriñés.


Por iso, tras incidir en que a Xunta sempre apoiou ao Concello na busca dunha solución á presenza de lindano, a responsable autonómica e mais o rexedor coincidiron na necesidade de que o Goberno do Estado amose agora con Galicia un compromiso igual ao que xa demostrou coa Comunidade de Aragón para atallar este problema.


Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que o pasado 2 de novembro o Consello de Ministros aprobou a concesión dunha axuda directa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico dun millón de euros para os traballos de control e vixilancia da contaminación de solos pola produción de lindano en Sabiñánigo (Huesca).

 

Por iso, considerou que Galicia e O Porriño merecen un trato similar xa que a situación provocada polo lindano “non debe ser asumida” en solitario pola Xunta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.