Provincia de Pontevedra
Novas accións formativas do programa Smartpeme
Ata o 20 de xaneiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre ciberseguridade, mellora da produtividade ou márketing de contidos
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o márketing de contidos, contramedidas básicas de ciberseguridade ou mellora da produtividade.
O primeiro obradoiro terá lugar o martes 18 e nel Laura Carrera, cun postgrao en Dirección de Comunicación Corporativa, falará sobre o “Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia” tocando paus como a taxa de engagement ou os mellores horarios para as publicacións. O mércores 19, impartirase “Ciberseguridade, contramedidas básicas 2021 I” da man de Manuel Freire, experto universitario en robótica para explicar os posibles riscos de Internet e as contramedidas que lles axudarán a estar máis protexidos na rede.
Para o xoves 20 están programados> “Planifica os propósitos de 2022: mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións” que tratará un binomio tan importante a día de hoxe como é o do teletraballo e a produtividade e será impartido por Fátima Faílde, posgraduada en Comuniación e Industrias Creativas. O mesmo día Esther Garcinuño, especialista en márketing e dirección comercial, conducirá un obradoiro “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest” no que se dará a coñecer en profundidade esta rede social na que a imaxe o é todo.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91