Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 21 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño presentará un recurso para recuperar 645.000 euros perdidos do ReacPon

O proxecto presentado polo anterior executivo local para a súa financiación con fondos provinciais non acadou o 50% da puntuación requerida nas bases

O novo goberno municipal, presidido por Alejandro Lorenzo, recurrirá o ditame da Deputación de Pontevedra que desestima a achega ao Concello do Porriño ao abeiro do programa REACPON.  

 

O proxecto de humanización e prolongación da rúa Antonio Palacios presentado polo anterior executivo local para a súa financiación con fondos provinciais non acadou o 50% da puntuación requerida nas bases.

 

 

 

 

Dos 55 concellos da provincia que presentaron proxectos tan so 8 perderon a subvención, un deles o do Porriño

 

 

 

 

“Falamos de 645.000 euros que nos permitirían levar a cabo unha obra de gran interese para o casco urbano e moi demandada polos veciños á que non podemos renunciar por unha mala xestión”, explicou Alejandro Lorenzo, “Faremos o que estea nas nosas mans para recuperala, comezando pola presentación dun recurso de reposición para que se revise o proxecto”.

 

A rúa Antonio Palacios ten un gran tránsito, tanto rodado como peonil, polo que sería adecuado levar a cabo as obras precisas que garantan a seguridade peonil e de circulación, proxectar pasos de peóns sobre elevados, plantar árbores e ademais de dispor zonas de uso e disfrute para a veciñanza e a creación dun carril bici.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.