Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 22 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O alcalde recolle as peticións dos veciños e veciñas de Cans

A xuntanza mantida coa asociación de veciños O Castelo de Cans, incluída na rolda de reunións que o novo executivo está a manter coas asociacións culturais e veciñais do municipio, foi unha primeira toma de contacto onde os veciños trasladaron a necesidade de solucionar varias cuestións que afectan á parroquia

Representantes da Asociación de Veciños Castelo de Cans trasladaron ao goberno municipal as necesidades da súa parroquia nunha reunión na que estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Asociacións, Parroquias e Cultura, Bienvenido Estévez.

 

A xuntanza, incluída na rolda de reunións que o novo executivo está a manter coas asociacións culturais e veciñais do municipio, foi unha primeira toma de contacto onde os veciños trasladaron a necesidade de solucionar varias cuestións que afectan á parroquia, entre elas a limpeza, alumeado, o asfaltado de viais e varias intervencións que se requiren en vivendas e lugares puntuais.

 

Dous dos temas que centraron a xuntanza foron a histórica reclamación da veciñanza para o acondicionamento do local que utiliza a asociación e veciños e o arranxo da bancada e peche do torreiro.

 

Co compromiso de responder ás peticións da veciñanza de Cans o Alcalde afirmou que inciará “as xestións precisas para solucionar os problemas que nos trasmiten e ir valorando da man dos veciños e veciñas as que se poidan presentar”. Consciente de que moitas destas reclamacións levan anos sen ser atendidas, Lorenzo prometeu “traballar desde xa para que a veciñanza desta parroquia recupere a confianza no seu Concello” e concluíu “é unha parroquia pequena, como a miña, pero ten o mesmo peso que as outras que forman O Porriño e nesa liña traballaremos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.