VIGO
Regresa o Certame de Rondallas entre estritas medidas de seguridade sanitaria
A cuarta edición do evento organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo celebrarase este domingo, día 23 de xaneiro, na Estación Marítima de Vigo
Este domingo, día 23 de xaneiro, regresa unha das citas culturais con máis sona do sur da provincia: o Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo.
A Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza este ano a cuarta edición do evento que fará as delicias dos amantes das rondallas.
A música dos rondalleiros e rondalleiras volverá a soar, aínda que por cuestións de seguridade sanitaria non o fará no IFEVI senón na Estación Marítima de Vigo, ao aire libre e en pleno centro urbano da cidade.
“Estamos encantados de poder disfrutar de novo dunha xornada de música tradicional deste nivel”, apuntou o presidente da Federación, Serafín Rodríguez, “Será un día de exhibición e un dos poucos días nos que estemos todos os rondalleiros tocando xuntos e ese é o noso obxectivo, non deixar que morra a tradición e mostrar o noso traballo”.
A entrada é de balde, o aforo está limitado e as cadeiras ocuparanse por orde de chegada
Serán 13 as agrupacións que se participarán este ano: catro de Mos (Torroso, Santa Eulalia de Mos, Santiaguiño de Guizán e Herville), dúas do Porriño (Pontellas e Santa Eulalia de Atios), dúas de Gondomar (Nosa Merced de Chaín e Vincios), unha de Nigrán (Santiago de Parada), unha de Tui (Pexegueiro) e tres de Vigo (Valladares, Beade e Helios de Bembrive).
O evento desenvolverase cumprindo rigurosamente os protocolos sanitarios e entre estrictas medidas de seguridade. As agrupacións actuarán en dúas quendas, de 11 h a 13h e de 16h a 17:40h.
Dende a organización advirten que, co fin de garantir a seguridade sanitaria e dado que o aforo é limitado (1000 persoas), as portas do recinto abriranse unha hora antes do comezo de cada quenda e as cadeiras ocuparanse por orde de chegada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122