Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

Un Plan busca mellorar a accesibilidade no centro urbano

O Goberno Municipal xa encargou o proxecto para a mellora e acondicionamento das rúas Pinar, José Fernández López, Enrique Peinador, Tranvía, Doutor Paz Varela, Cruceiro e Codesal; que será a primeira intervención prevista no plan de obras

O Concello do Porriño executará un ambicioso plan de obras para mellorar a accesibilidade das rúas do centro urbano.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado do edil de Vías e Obras, Ramón Porto, e a arquitecta municipal, visitaron a zona onde se proxectan as primeiras intervencións.

 

Intervirase en seis viarios e as obras consistirán na renovación das beirarrúas das rúas Pinar, José Fernández López, Enrique Peinador, Doutor Paz Varela e Tranvía, que presentan un importante e crecente estado de deterioro. Tamén se acometerán melloras nas das rúas Codesal e Cruceiro, onde se eliminarán os afundimentos existentes, e repararanse os bordos e baldosas rotos ou desprazados.

 

Planéase tamén ampliar beirarrúas en varios tramos para mellorar o tránsito de peóns, conservando as árbores existentes e plantando algúns exemplares novos, e intervir en puntos nos que se detectaron barreiras arquitectónicas que limitan a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida.

 

A planificación do concello inclúe tamén a renovación do firme de varios destes viais.

 

En definitiva, trátase de adecuar, potenciar e acondicionar o que é un dos principais itinerarios peonís da vila.

 

“Falamos dunha obra moi necesaria para o tránsito de peóns que ao mesmo tempo recuperará a estética dunha das zonas máis concorridas do Porriño”, explicou o alcalde, “Estas rúas dan acceso ao Centro de Saúde, ao instituto, aos colexios e a moitos servizos que cada día usan os porriñeses, ademais que contar coa maior densidade de poboación do centro urbano. É unha das principais arterias do municipio e debe ser accesible, habitable e disfrutable”.

 

O rexedor concluíu explicando que se trata só do primeiro dos proxectos de obra encargados dentro do plan de mellora da accesibilidade do centro urbano. “Somos conscientes de que non é o único punto do centro que presenta carencias neste sentido”, afirmou, “As necesidades que presenta Porriño son moitas e é necesario planificar as actuacións. Desa maneira poderemos dar resposta a todas elas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.