Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 10:19:58 horas

Xornal21.es
Martes, 25 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López traslada aos comerciantes o “apoio absoluto” da Xunta ao comercio de proximidade

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantén un encontro de traballo co secretario xeral da entidade, Enrique Núñez, para abordar as perspectivas e as necesidades do sector para o presente ano

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, mantivo onte unha reunión de traballo con Enrique Núñez, secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados, e trasladoulle o “apoio absoluto” do Goberno galego ao comercio de proximidade “fronte aos importantes retos que debe afrontar no presente ano 2022”.


O representante autonómico celebrou esta xuntanza para abordar as perspectivas e as necesidades do sector “tendo en conta a súa situación e actuando de xeito transversal e complementario coas prazas de abastos, como ramo fundamental do comercio, e aproveitando o tirón do turismo, especialmente neste segundo ano Xacobeo”.


“Creo que a federación provincial está a facer un gran traballo agora que está a piques de cumprir o segundo ano desta nova etapa e dende a Xunta queremos que siga nesa liña ascendente, polo que lle trasladei a Enrique Núñez a colaboración e cooperación necesaria para seguir impulsando un sector que é importantísimo para a economía e o emprego, pero tamén para a dinamización e a vida das cidades, dos barrios, das vilas e de moitas zonas rurais”, explicou Luis López.


O delegado territorial lembrou que a Xunta activa de xeito constante “numerosas liñas de apoio ao comercio de proximidade, como o recente e exitoso Bono Comercio, ou as ordes de axudas á modernización que teñen beneficiado a centos de establecementos da nosa provincia”.


Pola súa banda, Enrique Núñez aproveitou este contacto de presentación para informarlle das principais iniciativas que está a desenvolver a federación, como a campaña de revisión de tarifas eléctricas para os comercios a través do enderezo electrónico revisamifactura@comerciogallego.es, a tarxeta de fidelización, os servizos de asesoramento xurídico, fiscal, contable e laboral e as campañas promocionais.


Neste eido, comunicoulle ao delegado territorial que a federación conta coa app Pontecomercio, que permite artellar iniciativas en ámbitos locais, comarcais ou provincial e coa que se desenvolveu unha recente campaña no Nadal. Nesta liña, a entidade pretende realizar unha “acción potente” dende a vindeira primavera baixo a denominación Pontedeprimavera.


A Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados conta na actualidade con 6.500 establecementos adheridos dos 14.000 que hai en toda a provincia e ten representación das asociacións de Pontevedra, Marín, Caldas de Reis, Cuntis, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Meis, Ribadumia, A Illa de Arousa, Vilanova, Lalín, A Estrada, Vila de Cruces, Ponteareas, A Cañiza e Tomiño, o que supón o 85% das existentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.