Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O entroido volve este ano ao Porriño

Concello prepara xa as bases para o desfile de comparsas que se celebrará nas datas previstas se o protocolo sanitario o permite

O Concello do Porriño traballa xa na elaboración das bases do Entroido 2022. A expensas da evolución da pandemia e tamén do protocolo específico comprometido pola Xunta de Galicia que permita determinar a data do desfile, o goberno municipal aclarou hoxe que o Entroido volverá este anos ás rúas do Porriño e xa se está organizando.

 

“Temos claro que esta é unha das festas máis agardadas por moitos porriñeses e porriñesas e por iso decidimos seguir adiante e facelo con todas as garantías sanitarias”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo,  “En principio  o desfile de comparsas e o Enterro da Sardiña celebrarase nas datas establecidas, sempre que os protocolos sanitarios e a situación epidemiolóxica nos permita facelo con seguridade. De non ser así, o aprazaremos para cando sexa posible, pero o Entroido anegará as nosas rúas este ano”.

 

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez,  animou ás comparsas a “ir preparando os seus disfraces e carrozas para devolver a cor, humor e troula destas festas á nosa vila”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.222

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.