Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 24 de Marzo de 2026 a las 21:03:38 horas

Xornal21.es
Sábado, 29 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

R chega a algúns núcleos de Mos coa súa renovada rede ultrarrápida

Espaín, Bosende, Sobrado e Cotiño son os novos núcleos do concello pontevedrés de Mos que quedaron recentemente conectados á nova rede de fibra ultrarrápida do operador galego; todos eles xa poden gozar dos servizos de telecomunicacións máis innovadores e de posibles accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional

Preto de 300 novos inmobles dos núcleos de Espaín, Bosende, Sobrado e Cotiño, en Mos (Pontevedra), xa poden dispor de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 xigas simétricos e gozar dos servizos máis avanzados de telecomunicacións do mercado. Todo grazas á nova rede de fibra de R que o operador galego está a modernizar nas catro provincias de Galicia dende a primavera de 2021.

 

R vén de concluír outro treito das tarefas de despregadura da súa rede de fibra en Mos, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos devanditos núcleos, onde quedaron conectados 78 fogares e negocios en Espaín, 58 en Sobrado, 78 en Bosende e 85 en Cotiño, respectivamente.

 

O operador galego xa acometera previamente en Mos a despregadura das súas redes nos núcleos de Atín, Casal, Campo de Eiro, Rebullón, Gándara e Balteiro, onde se conectaron ás redes avanzadas de R varios centos de vivendas e empresas deste concello da ría de Vigo. Cando rematen as despregaduras enmarcadas no vixente Plan Avanza en que R traballa, 2.850 fogares e negocios xa se terán unido á súa modernísima rede de fibra no concello de Mos, pois aos inmobles incorporados no contexto do plan do Ministerio haberá que lles sumar os conectados a través doutras accións de desenvolvemento de rede que R realiza na zona dende hai anos.

 

10 millóns de investimento e fondos europeos

Este e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).

 

No desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos cales case 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, as despregaduras de Mos enmárcanse no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 196 núcleos de concellos do sudoeste de Galicia (Pontevedra). Os traballos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€.

 

 

 

 

Trátase de case 300 fogares e negocios que se unen aos xa incorporados en anteriores despregaduras en Mos, e cando rematen os traballos do Plan Avanza serán 2.850 as residencias e empresas preparadas coa fibra máis moderna do mercado neste municipio de Pontevedra

 

 

 

 

Nestes momentos, e só no marco do Plan Avanza, R chegou por primeira vez coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos concellos do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa e Ponte Caldelas.

 

A rede máis rápida do mercado para os/as clientes/as de R

Os/as clientes/as de R dos núcleos de Mos conectados xa poden gozar dos servizos máis innovadores que lles ofrece a nova rede de fibra do operador galego, coa posibilidade de accesos de ata 10 xigas, wifi 6 e tele con deco Android 4K sen ningún custo adicional. Estas vantaxes vanse traducir, entre outras cousas, nunha cobertura óptima dos servizos de R nos fogares e nunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos ao tempo.

 

A nova rede de R, a máis rápida de España segundo o prestixioso estudo da empresa francesa nPerf, utiliza a tecnoloxía FTTH, que accede directamente aos fogares e permite velocidades simétricas (iguais de subida e de baixada) en toda a súa extensión. É a última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming... etc. Un sistema que permite habilitar eses accesos de ata 10 xigas, o que supón 4 veces máis capacidade de descarga ca a tecnoloxía actual e ata 8 veces máis capacidade de subida.

 

Cambio de equipos gratuíto e 5G

A medida que se vai despregando a nova rede, os/as clientes/as de R son avisados/as e informados/as dos pasos que deben seguir para cambiar os seus equipos por outros de nova xeración, máis avanzados, de forma totalmente gratuíta. E as novas altas de R xa están a contratar maioritariamente sobre a nova rede de fibra óptica.

 

Cando en 2022 se completen os traballos de despregadura da tecnoloxía 5G e da nova rede de fibra FTTH, os novos equipos quedarán instalados en todos os inmobles e Galicia converterase nunha das rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía, preparada para o uso e desenvolvemento de todos os servizos da chamada quinta xeración. Esta tecnoloxía avanzada 5G apóiase na rede de fibra óptica, supón máis velocidade (10 veces máis que o 4G), maior capacidade e a posibilidade de xestionar unha cantidade inxente de datos, establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas latencia.

 

Con esta infraestrutura de última xeración que R desprega dende a pasada primavera, Galicia poderá competir en calquera lugar do mundo ao máximo nivel, ofrecendo a fogares e negocios galegos os servizos de telecomunicacións máis avanzados do territorio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.