PONTEAREAS
Os socialista de Ponteareas denuncian amenazas
O Partido Socialista de Ponteareas ven de "contestar unha carta ameazante recibida por correo electrónico e asinada por D. Luis Campos, quen se erige como voceiro da Plataforma da Nacional 120" aseguran nun comunicado.
"Son moitas ocasións xa as que o Partido Socialista, e en concreto a súa Portavoz Chus Garrote, ten que soportar insultos, ameazas e improperios por parte desta persoa e doutros membros da directiva da Plataforma" indican.
"Esta situación tivo o seu máximo expoñente , cando o Partido Socialista recibiu, unha vez máis, cunha actitude violenta impropia de calquera que presume ser voceiro dos veciños de tres parroquias cando non foi elexido por ninguén, unha acusación de falsedade con respecto ao tratado no Pleno Municipal do pasado martes 25 de xaneiro" afirman.
Dende o Partido Socialista denuncian públicamente que "a persoa que presume ser voceiro dos veciños e veciñas de tres parroquias de Ponteareas fai seguidismo do descurso do PP e amósase incapaz de recoñecer os avances que se teñen feito dende a chegada dos socialistas ao Goberno de España. “Esta persoa leva 6 anos facéndolle o xogo sucio ao PP e aproveitando a máis mínima ocasión para cargar contra o Partido Socialista”. “É imposible entablar un diálogo sensato e constructivo con D.Luis Campos quen está instalado na negación absoluta aos avances producidos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49