Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Lunes, 31 de Enero de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Esta semana comezan as obras de mellora da seguridade viaria na EP-3001 en Rebordáns

A inversión ascende a 125.619 euros, dos que a Deputación achega o 80% e a Administración local o 20% restante, e ten un prazo de execución de tres meses

A Deputación de Pontevedra completa a tramitación administrativa e prevé comezar a primeira semana de febreiro os traballos de mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil na EP3001 en Rebordáns, no Concello de Tui. Os deputados de Infraestruturas, Gregorio Agís, e Cooperación, Santos Héctor  Rodríguez, xunto ao alcalde do municipio, Enrique Cabaleiro, visitaron a semana pasada a zona de execución dos traballos. O proxecto adxudicado por 125.619 euros prevé dotar a estrada dunha zona de tránsito seguro e boa visibilidade, seguindo o modelo de mobilidade segura e sostible que está a implantar a institución provincial nos 61 concellos da provincia.

 

 

 

 

Os traballos inclúen a execución de dous pasos sobreelevados e sendas en ambas marxes da estrada provincial

 

 

 

 

As obras que comezarán nos vindeiros días afectarán a un treito de 155 metros da estrada EP-3001 e financiaranse por medio dun convenio firmado entre a Deputación e o Concello. O acordo establece que o 80% dos fondos corresponden a orzamento provincial mentres que a administración local aportará o 20% restante.

 

Esta actuación permitirá habilitar dous pasos sobreelevados na calzada para reducir a velocidade dos automóbiles na zona e aumentar o radio da curva existente. A renovación completarase coa construción dunha senda peonil de dos metros e medio de ancho pola marxe esquerda. Pola dereita leva unha cuneta transitable. Tamén se pavimentará o treito con novo firme, realizarase pintado das marcas lonxitudinais e superficiais, instalaranse novas sinais verticais e melloraranse servizos como a rede de pluviais, de alumeado e telecomunicacións. O prazo de execución dos traballos é de tres meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.