Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Deputación impulsa as obras de mobilidade peonil no camiño escolar da EP-3102 en Tomiño

As obras, cun orzamento de 249.997 euros, incluirán a construción dunha senda, a incorporación de elementos redutores de velocidade e a renovación da iluminación

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar as obras de mellora da mobilidade peonil no Camiño Escolar da EP3102 ao CEP Pedro Caselles en Tomiño, por un orzamento de  249.997 euros. Os traballos incluirán a construción dunha senda, a incorporación de elementos redutores de velocidade e a renovación da iluminación e, segundo o convenio asinado por ambas administracións, a Deputación asumirá o 70% e o Concello de Tomiño o 30% do orzamento.

 

A actuación abranguerá un tramo de 400 metros da E.P.-3102 comprendido entre o Colexio de Primaria Pedro Caselles e a intersección coa nova Avenida Baixo Miño. Trátase dun treito que dá acceso a varios equipamentos de Tomiño, como é o citado centro escolar, así como a igrexa e o cemiterio, polo que é moi concorrida por peóns e peoas, e coa obra preténdese adaptar este viario ao modelo de mobilidade segura e sostible da Deputación.

 

A senda peonil prevese na marxe dereita e terá de 3,78 metros de ancho, mentres que a sección da calzada, na que se reforzará o firme e se reporá a capa de rodadura, estará constituída por dous carrís, un en cada sentido, cun ancho de 3,20m, e beiravías a ambos lados. Na zona próxima á nova rotonda executada na EP-3102, reordenarase o espazo actuando en toda a sección viaria, continuando coa senda de 4,65 metros de ancho na marxe dereita, dividindo a calzada en dous carrís de 3,10m e unha banda de aparcamento en liña de 2,6m de ancho.

 

Os traballos completaranse coa incorporación de elementos redutores de velocidade e a renovación da iluminación viaria (que incluirá novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede) así como co drenaxe de pluviais. A maiores, engadirase máis vexetación á contorna cun novo arborado e soterraranse os servizos de alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións. Reinstalarase tamén a sinalización vertical e horizontal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.