Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 13:25:34 horas

Xornal21.es
Jueves, 03 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A mocidade tomiñesa achega as súas ideas á mellora do campo da Feira

O Consello da Infancia e Adolescencia, “Voces Novas”, participa no proxecto de recuperación deste espazo con achegas para convertelo en lugar de encontro para a mocidade

Tomiño quere converter o novo campo da Feira nun lugar de encontro feito por e para a mocidade. Para conseguilo o Concello conta unha vez máis coa colaboración do Consello da Infancia e Adolescencia, “Voces Novas”, que incorporará a súa voz aos traballos de recuperación deste espazo para facer del un lugar dinámico, onde a xente nova lle apeteza reunirse tanto para facer deporte como para gozar do contacto coa natureza.

 

“Para nós é fundamental contar coa súa opinión en todos os eidos da vida municipal, pero especialmente naquelas que lles afecta directamente, porque escoitando a súa voz podemos crear os espazos que os nosos mozos e mozas necesitan”, salienta a alcaldesa, Sandra González.

 

Por este motivo, representantes do Consello da Infancia e Adolescencia xa traballan cos seus compañeiros e compañeiras en ideas para incorporar ao proxecto e acadar unha zona de lecer que recolla as inquedanzas dos rapaces e rapazas. Entre as primeiras propostas destacan melloras no mobiliario urbano para axeitalo ás necesidades da mocidade: desde colocar mesas de madeira en lugar de pedra para poder usalas para escribir e facer traballos ata contar dunha parte cuberta para cando chove, colocar céspede na zona ou dispoñer de bancos ou mesas con enchufes.

 

En canto ao lecer, salientan a importancia de mellorar e agrandar o skatepark collendo o espazo que agora ocupa a cancha, xa que é un dos principais reclamos da zona, e suxiren mover o parque de calistenia para esta zona. Outra das ideas que barallan é a da creación dun mural actual na zona que represente á mocidade.

 

A rexedora destaca o labor do Consello da Infancia e Adolescencia e agradece a implicación de todas e todos os seus integrantes no futuro do Concello e nas intervencións que se están levando a cabo no municipio, como a do skatepark de Goián, na que as súas suxestións tiveron especial relevancia.

 

A actuación no campo da Feira dará como resultado a creación dunha área moderna e contemporánea, continuando coa aposta da recuperación do espazo público para as persoas a través do fomento da mobilidade peonil e poñendo tamén en valor a arquitectura co uso de iluminación específica que resalte o seu atractivo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.