GALICIA
A Xunta aproba o Plan de Actuación Cartográfica para este ano
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu esta semana a reunión da Comisión de coordinación de sistemas de información xeográfica e cartográfica
A Xunta de Galicia validou esta semana o programa operativo que permitirá empezar a poñer en práctica o Plan galego de cartografía e información xeográfica, unha folla de ruta dotada cun orzamento de 6,1 millóns de euros para 2022 na que se marcan as prioridades de actuación nesta materia.
Este foi o punto principal que centrou a reunión telemática da Comisión de coordinación de sistemas de información xeográfica e cartográfica, presidida esta mañá pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e integrada por 20 vogais en representación de cada unha das Consellerías, da Comisión en materia de toponimia, da Fegamp e das catro deputacións provinciais.
No documento, elaborado integramente pola referida comisión, fíxanse as claves e as medidas a implementar durante os vindeiros meses co fin de desenvolver o Plan galego de cartografía e información xeográfica, un instrumento pioneiro na Comunidade, aprobado en 2021 cunha vixencia de catro anos e un orzamento de 17,7 millóns de euros.
Así, entre as medidas principais a impulsar durante 2022 neste eido, a conselleira referiuse á posta en marcha, durante o primeiro trimestre, dun novo xeopoportal: mapas.xunta.gal. O obxectivo é poñer a disposición de cidadáns, empresas e outras administracións un único punto de consulta, facilmente accesible, onde se concentre toda a información xeográfica, as utilidades e as aplicacións necesarias para o acceso á Infraestrutura de datos espaciais de Galicia.
Entre as prioridades de actuación, Ángeles Vázquez subliña a posta en marcha dun novo xeoportal que aglutine a información espacial, a finalización do Rexistro cartográfico de Galicia, a elaboración do Nomenclátor xeográfico ou a actualización do Atlas climático
Este ano avanzarase tamén no Rexistro cartográfico de Galicia, onde se recollerá a cartografía producida pola Xunta e polas entidades instrumentais do sector público autonómico no exercicio das súas competencias e que estará conectado ao Rexistro central de cartografía español. A previsión, segundo avanzou a conselleira, é que poida estar listo o vindeiro mes de marzo.
Cartoteca dixital con documentos desde o século XVI
De igual xeito, avanzarase co fin de completar a Cartoteca histórica dixital de Galicia, un portal no que actualmente están dispoñibles para descarga máis de 1.500 documentos que abranguen un amplo horizonte temporal: do século XVI ata finais do século XX.
Outras das prioridades definidas no programa operativo do plan cartográfico para este ano son a elaboración do Nomenclátor xeográfico de Galicia e a produción, actualización e mantemento da Base topográfica de Galicia por parte do Instituto de Estudos do Territorio; os traballos para completar a plataforma Siotuga, que inclúe e aglutina información xeográfica dos ámbitos dos instrumentos de ordenación do territorio; a elaboración e actualización do Atlas Climático, da man de MeteoGalicia; ou a xestión de datos sobre os espazos naturais e hábitats protexidos de Galicia, un traballo que se levará a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Tras subliñar a importancia de seguir colaborando cos concellos en materia cartográfica e xeográfica, Ángeles Vázquez incidiu en que este ano outro dos retos do seu departamento será darlle continuidade a algunhas das vías de traballo conxuntas coas entidades locais impulsadas neste eido, a través do proxecto PNOA10 Galicia para a obtención de ortofotografías aéreas de gran resolución ou do Programa de apoio cartográfico aos concellos, asinado o verán pasado coa Fegamp.
Por iso, a conselleira aproveitou a reunión para propoñer aos membros da Comisión de coordinación de sistemas de información xeográfica e cartográfica a creación dun grupo de traballo específico sobre administración local no que poder abordar e debater sobre todos aqueles aspectos que permitan mellorar a colaboración nesta materia entre as distintas administracións públicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11