PROVINCIA
A Deputación impulsa a formación en igualdade de mozos e mozas da provincia
A experiencia piloto que desenvolveu xa obradoiros en dez institutos da provincia complétase agora cun curso presencial de 40 horas que comeza mañá en Vigo
“Queremos manternos como un referente nacional en materia de igualdade e unha parte fundamental deste obxectivo pasa pola formación da mocidade para facela partícipe do cambio”. Con estas palabras resumía Carmela Silva a vocación coa que se puxo en marcha o proxecto “Canteira de igualdade”, unha experiencia piloto que durante o último trimestre do ano desenvolveu obradoiros en dez centros de secundaria da provincia e complétase agora cun curso presencial de 40 horas que comeza mañá sábado na sede da institución en Vigo e que se prolongará ata abril.
“A Deputación de Pontevedra segue a innovar. É a primeira institución que oferta formación sistematizada e prolongada á mocidade en materia de igualdade máis alá de charlas puntuais que, sendo necesarias, son insuficientes”, valorou Mercedes Oliveira, unha das promotoras da iniciativa durante a súa intervención telemática na rolda de prensa no Pazo Provincial. Tamén participou Amada Traba, quen incidiu no carácter pioneiro do enfoque que está a aplicar a institución na formación da xente moza da provincia porque “precísase tempo para formar a mocidade, incentivar a súa mirada crítica sobre as violencias simbólicas, cuestionar a realidade e fomentar o debate”.
O proxecto “Canteira de igualdade” forma parte da programación da Escola de Igualdade María Vinyals, coordinada por Rosa Cobo, que celebrou o Encontro Nacional de Políticas Públicas no Castelo de Soutomaior, ademais dun curso online semanal entre outubro e decembro titulado “Debates Teóricos e Axenda Política Feminista” con mulleres expertas en formación en igualdade. Agora, incorpora esta terceira rama dirixida de forma específica á mocidade polo seu potencial transformador a prol da igualdade.
Carmela Silva avanzou que o proxecto, enmarcado na Escola María Vinyals, “ampliarase e terá continuidade para chegar a mozos e mozas de toda a provincia”
O curso presencial de 40 horas que se impartirá durante os vindeiros dez sábados na sede da Deputación en Vigo é un complemento ao traballo realizado nos últimos meses en dez institutos de Vigo, As Neves, Caldas, Moaña, Vilaboa, Redondela, O Rosal e Pontevedra para abordar os conceptos básicos de formación feminista. Oito formadoras abordaron con mozos e mozas da provincia temas como a división sexual do traballo, o amor, as redes sociais, a historia do feminismo, a cultura da violación, a pornografía, a prostitución e outros temas de actualidade.
“Unha experiencia exitosa e apaixonante”
“As charlas nos centros de secundaria da provincia durante o último trimestre do ano foron unha experiencia apaixonante e de grande éxito polo interese xerado no alumnado e a súa participación”, explicou Carmela Silva antes de avanzar que esta iniciativa de formación “nace con vocación de continuidade e cun compromiso firme da institución de ampliala para chegar a máis mozos e mozas da provincia nos vindeiros meses”.
A presidenta agradeceu a participación no proxecto de “mulleres cun gran coñecemento, serias, rigorosas, comprometidas e referentes das que teño aprendido moito e das que seguiremos aprendendo sen ningunha dúbida”, augurou, apenas unhas horas antes de que se inaugure oficialmente o curso “Canteira de igualdade”, ao que asistirán 25 persoas polas restricións sanitarias en vigor, pero que rexistrou unha importante lista de agarda.
A Escola María Vinyals seleccionou un total de oito relatoras de contrastada formación e procedentes de diversos campos de traballo. “Estes nomes por si mesmos xa falan da excelencia e calidade da iniciativa”, valorou a presidenta provincial antes de mencionar todas as formadoras. Priscila Retamozo é politóloga e coordinadora do proxecto coeducativo “Comando igualdade”; Mercedes Oliveira é catedrática de Filosofía; Luisa Abad é licenciada en Pedagoxía e premio á innovación educativa en prevención da violencia de xénero; Amada Traba ten máis de tres décadas de experiencia asesorando no campo da socioloxía de xénero e políticas de igualdade; Lola Varela é profesora e imparte cursos de formación contra a violencia; Amara Pérez é investigadora desde a perspectiva de xénero e experta en igualdade; Mónica Baleirón é asesora en programas educativos de igualdade e, por último, Lucía Coutado é divulgadora, técnica en violencia de xénero e mediadora intercultural que traballa con adolescentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91