Miércoles, 25 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Marzo de 2026 a las 21:46:22 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 08 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Rexeitamento unánime do Pleno dun concerto "machista" que pretende celebrarse en Mos

A totalidade dos membros integrantes da Corporación Municipal do Concello de Mos decidiron onte en Pleno apoiar a declaración institucional conxunta de repulsa ao concerto na localidade dun dos "cantantes de trap con letras máis machistas, Kidd Keo".

 

Coa aprobación desta declaración, a Corporación Municipal do Concello de Mos rexeita conxuntamente, e en consenso e co respaldo das técnicas do CIM (Centro de Información á Muller) o vindeiro concerto do cantante de trap, Kaydy Cain, nun local do municipio mosense. Coa declaración aprobada, a Corporación toma en consideración o acordo de instar á disconformidade coa celebración do tipo de actos sexistas como o vindeiro concerto de Kaydy Cain o 11 de febreiro en Mos, por facer "apoloxía do machismo con letras vexatorias e denigrantes sobre as mulleres; esixir respecto para a figura da muller en todo tipo de actos públicos; e declarar o Concello de Mos libre de violencias machistas". 

 

As letras deste cantante caracterízanse polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller. É por elo que, desde o Concello de Mos, a través desta declaración institucional maniféstase en xeral a máis rotunda repulsa ante a celebración deste tipo de concertos. O concerto de Kaydy Cain está programado para o próximo 11 de febreiro ás 21:00 horas contando ademais cunha zona de menores de entre 14 e 17 anos que poden acceder sen autorización.

 

Con esta declaración o Concello de Mos quere recalcar que entre os seus principais obxectivos atópase o fomento dos valores da igualdade entre homes e mulleres e da prevención da violencia de xénero, así como inculcalos desde a infancia e a adolescencia mediante o desenvolvemento de diferentes accións e políticas sociais en centros educativos mosenses, como os colexios de Educación Primaria e o Instituto. 

 

Actividades como este concerto son todo o contrario ao que desde o Concello de Mos se lles quere ensinar aos nenos/as e mozos/as, precisamente o que se quere é evitar este tipo de mensaxes sexistas, dominantes e ofensivos, e promover a igualdade real de oportunidades, a tolerancia e o respecto mutuos entre homes e mulleres. É por elo que se manifesta en contra e fai pública a súa repulsa como institución a través desta declaración conxunta.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.