Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta inviste máis de 80.000 euros na mellora de pistas forestais en Fornelos, O Porriño e Nigrán

Todas estas actuacións afondan na prevención en zonas declaradas de alto risco de rexistrar lumes, dentro do distrito XVIII Vigo-Baixo Miño

A Consellería do Medio Rural vén de realizar diversas obras preventivas no distrito forestal XVIII Vigo-Baixo Miño, en zonas declaradas de alto risco de rexistrar incendios. Concretamente levouse a cabo a mellora de pistas forestais nos concellos de Fornelos de Montes, O Porriño e Nigrán, por un investimento superior aos 80.000 euros.

 

Así, en Fornelos de Montes os traballos concentráronse nas parroquias de Ventín, San Vicente de Oitavén e de Fornelos. Cun orzamento de 45.089 euros, executáronse rozas nas marxes das pistas, colocáronse pasos de auga naqueles lugares onde eran necesarios e realizáronse drenaxes, mesmo abrindo unha gabia e botando unha primeira capa de material de machaqueo e unha segunda de saburra natural clasificada.

 

 

 

 

Enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de case 30 millóns de euros no ano 2021 para actuar en máis de 58.000 hectáreas nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación

 

 

 

 

Por outra banda, nos montes veciñais en man común de Atios -no Porriño- e de Priegue -en Nigrán- leváronse a cabo obras por un importe de 37.268 euros. Consistiron na mellora de pistas forestais colocando pasos de auga e arranxando o firme, así como garantindo o mantemento de faixas auxiliares e acometendo rozas de camiños ocupados por matogueira de diversas alturas e densidades.

 

Todas estas obras enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que no ano 2021 contou cun orzamento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación. O obxectivo final destas accións preventivas é evitar que o lume se produza, e en caso de producirse, limitar ao máximo a súa propagación e minimizar os danos causados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.