Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 08 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Persoal especializado limpará o manantial da fonte de San Sebastián

Os valores paramétricos alterados xa se atopan dentro dos límites que garanten a potabilidade da auga pero, para maior seguridade dos usuarios e usuarias, o Concello contratará unha empresa especializada para acometer os traballos precisos que garantan a calidade da auga

O Concello do Porriño vén de recibir o resultado das analíticas realizadas ao manantial que abastece a Fonte de San Sebastián, que permanecía pechada tras detectarse contaminación na auga.

 

A análise realizada na mina determina que os valores paramétricos alterados (microorganismos aerobios e bacterias coliformes) xa se atopan dentro dos límites que garanten a potabilidade da auga.

 

“Para maior seguridade dos usuarios e usuarias, é preciso que persoal especializado acometa a limpeza do manantial que abastece á fonte e valore, se é preciso, proxectar a canalización do caudal no tramo ata o grifo”, explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “Queremos asegurarnos de que non se producen filtracións contaminantes como a que obrigou a cortar o subministro”.

 

“Sabemos que esta fonte ten un gran valor, non só patrimonial senón tamén funcional, xa que son moitos os veciños e veciñas da vila que consumen esa auga cada día, e que supón un gran perxuizo que non esté en funcionamento”, concluíu o alcalde, “Pero estamos facendo o necesario para restablecer o subministro o antes posible con todas as garantías sanitaria, o importante é asegurar que a auga mantén a súa calidade e é apta para consumo”.

 

Dende o Concello informan tamén que xa se deu orden de retirar o valado que protexía a fonte e limitarase á zona do grifo, para permitir o uso e disfrute do resto do entorno.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.