PROVINCIA
Novas facultades de Deseño e de Dirección e Xestión Pública no campus de Pontevedra
Coa autorización, que deberá ser aprobada definitivamente polo Consello da Xunta, a Universidade de Vigo reforza a súa infraestrutura e oferta académica na cidade do Lérez
O Consello Galego de Universidades, na súa reunión de hoxe, informou favorablemente a proposta de creación das novas facultades de Deseño e de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (UVigo) no campus de Pontevedra.
Na xuntanza, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avaliouse a proposta da UVigo para a creación destes novos centros universitarios, que recibiron o apoio unánime do conxunto dos integrantes deste órgano, reunido en sesión plenaria.
No caso da facultade de Deseño, concentrará a formación integral de estudos especialiados de Deseño que ata o de agora non existían no Sistema Universitario Galego (SUG). E no caso da facultade de Dirección e Xestión Pública, permitirá albergar ambas dúas titulacións que nestes momentos se están a impartir na Facultade de Ciencias Sociais.
Estas propostas, unidas tamén a aprobación da facultade de Relacións Internacionais no campus de Ourense -e cuxo último paso é a aprobación por parte do Consello da Xunta- reforzará a oferta académica da Universidade de Vigo.
A reunión do Consello Galego de Universidades contou coa presenza dos reitores da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, e da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91