Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 13 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño reactiva o Servizo de Normalización Lingüística

Contará con nova imaxe corporativa e o seu propio espacio web, onde se divulgarán materiais de promoción do uso do galego e información sobre as distintas actividades de dinamización postas en marcha

O Concello do Porriño reactiva o Servizo de Normalización Lingüística, que conta con persoal técnico ao dispor da cidadanía.

 

“Desde a concellería queremos que a veciñanza saiba que dispón dun servizo local ao que pode recorrer en busca de asesoramento en materia lingüística ou do proceso de normalización”, explicou a concelleira de Normalización Lingüística, Carolina González, “Fomentar o uso do galego e garantir a súa calidade lingüística é responsabilidade de todos e todas”.

 

A tal fin habilitouse unha dirección de correo a través da cal os interesados poden comunicarse coa técnico e resolver as súas dúbidas: servizonormalizacion@oporrino.org.

 

A técnica, Andrea González, ofrece asesoramento nos diferentes departamentos municipais en todo o relacionado coa política lingüística e na planificación, xestión e execución de programas municipais de dinamización e fomento do uso do galego.

 

Agora, o servizo contará con nova imaxe corporativa e o seu propio espacio web, onde se divulgarán materiais de promoción do uso do galego e información sobre as distintas actividades de dinamización postas en marcha.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.