PROVINCIA
AquaFuture Spain alcanza o 100% de ocupación da súa área expositiva en Silleda
A CONTRATACIÓN DE TODO O ESPAZO DISPOÑIBLE, CON 145 EMPRESAS CONFIRMADAS DE 23 PAÍSES, SUPUXO QUE A ORGANIZACIÓN CONSIDERE XA FINALIZADA A INSCRICIÓN
A feira internacional de acuicultura AquaFuture Spain¨22, a cal terá lugar do 23 ao 25 de marzo deste ano na Feira Internacional de Galicia ABANCA, alcanzou xa o 100% de ocupación da súa área expositiva.
Esta contratación de todo o espazo dispoñible prodúcese despois de catro ampliacións do plano inicial do evento debido á alta demanda por parte das firmas do sector e supuxo que o certame considere xa finalizada a inscrición de empresas.
Unha excelente resposta da industria acuícola que supera amplamente as expectativas iniciais da empresa organizadora, Ok Eventos, que hai un ano empezaba a traballar no proxecto co obxectivo de chegar a 80 empresas e que finalmente contará con preto de 150 na súa exposición. Unha importante cifra á que se engade o gran interese xerado pola feira a nivel internacional, estando representados 23 países diferentes tanto de Europa como de Asia, Latinoamérica, América do Norte ou Sudáfrica.
Estas compañías conformarán a denominada ExpoFuture, un espazo expositivo para empresas e demais entidades vinculadas á cadea de valor da acuicultura, onde poder presentar as últimas innovacións do mercado e promover o establecemento de liñas de negocio e sinerxías. Contará tamén coa presenza de organismos oficiais e institucións públicas en representación e apoio ao sector acuícola, como aposta por un sector sostible e competitivo e, por último e moi importante, co sector produtivo, mostrando a variedade, calidade e versatilidade dos seus produtos no mercado.
Un ambicioso programa
Á área expositiva da feira unirase un completo programa que incluirá xornadas técnicas, presentacións de produto e showcookings, o cal se está ultimando para a súa presentación oficial.
Serán seis as mesas redondas que se emitirán por streaming e se levarán a cabo na sala de conferencias, a cal levará o nome de Carmen Sarasquete, en honra a esta bióloga recentemente falecida. Natural de Santa Uxía de Ribeira e licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, foi a primeira muller numeraria da Academia de Medicina e Cirurxía de Cádiz sen ser médico, así como membro do Ateneo Artístico, Literario e Científico de Cádiz.
Por outra banda, durante os tres días están programadas máis dunha vintena de presentacións na sala ABANCA, mentres que na zona de Show Cookings Xacobeo 21-22 están confirmadas oito sesións culinarias con produtos acuícolas que permitirán coñecer as súas aplicacións tanto na cociña moderna como tradicional.
Gran interese do sector por visitar AquaFuture Spain´22
Ademais dunha alta demanda de empresas para participar en AquaFuture Spain, a organización tamén está a recibir numerosas solicitudes de acreditación por parte de empresas, grandes e pequenos produtores, investigadores e demais profesionais do sector acuícola para visitar unha feira que ten carácter profesional e unhas altas expectativas de afluencia nacional e internacional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91