Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Domingo, 13 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adxudica as obras da reforma da estación de autobuses de Cangas

Os traballos de modernización e impulso da intermodalidade que forman a terminal de autobuses e a marítima iniciaranse a finais de marzo para rematalos no verán

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou  por 349.550 euros a execución das obras de reforma da estación de autobuses de Cangas.

 

Este contrato, adxudicado á empresa Proyecon Galicia, S.A., ten como obxectivo mellorar e modernizar a área de transporte público que forman a estación de autobuses e a marítima e impulsar a intermodalidade. A terminal de autobuses acolle cada ano case 40.000 expedicións e máis de 75.000 viaxeiros, e a marítima dá servizo a arredor de 700.00 usuarios.


 
O departamento que dirixe Ethel Vázquez prevé iniciar estas obras a finais de marzo e telas rematadas no verán, xa que contan cun prazo de execución de 4 meses.


Esta actuación é susceptible de ser financiada no marco do eixe REACT-UE do programa FEDER Galicia 2014-2020, como resposta á pandemia.

 

A intervención permitirá actuar no edificio da estación, impermeabilizando a cuberta plana, con traballos de pintura interior e exterior, coa redistribución dos espazos e coa mellora da iluminación LED. Tamén se instalarán portas automáticas, equipos de climatización e ventilación, unha nova instalación eléctrica e panel informativo cos horarios dos barcos e dos autobuses.

 

 

 

 

A intervención porá en valor a singular imaxe da estación e mellorará a  funcionalidade, a eficiencia enerxética e a accesibilidade

 

 

 

 

O proxecto das obras prevé, ademais, a adecuación da zona de dársenas, cun tratamento anticorrosivo e a dotación de novos paneis na cuberta. Tamén se actuará no espazo de espera dos viaxeiros, instalando unha mampara de vidro, bancos e iluminación LED e luminarias.

 

A intervención incluirá a reordenación da contorna da estación e a súa relación coa vila. Para iso, disporanse 2 prazas de ‘kiss & ride’, un acceso peonil principal á dársena directamente desde o paseo marítimo e un pavimento podotáctil que facilite a orientación das persoas con problemas de visión.


Ademais, para contribuír á seguridade viaria nos arredores da estación e facilitar o seu bo funcionamento, a terminal delimitarase cunha varanda perimetral e instalaranse dúas barreiras automáticas que protexerán ao resto de condutores e aos peóns da circulación dos autobuses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.