Salceda de Caselas
O PP de Salceda critica a débeda do Concello de 460.000 € a autónomos e Pemes
O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de manifestar unha vez máis a súa preocupación por "cómo se está a xestionar os cartos públicos dos salcedenses". Según trasladan a opinión pública, o goberno bipartito vai aprobar un REC por importe de 460.000€ de facturas de xaneiro a agosto de 2021, polo que todo apunta que quedan moitas facturas sen pagar de setembro a decembro.
Chámalles a atención facturas que "entraron por rexistro antes de aprobar o orzamento, polo que podrían perfectamente incluilas como gasto en dito orzamento e non deixalas atrás, pero claro, así non lles salían as contas no papel" sinalan dende o PP.
O voceiro Santiago Rodríguez Davila e o concelleiro Joaquín Núñez Troncoso, manifestan que "REC ten reparo con efectos suspensivos por parte de secretaría por omisión no expediente por requisitos ou trámites esenciais. A maioría das facturas e gastos obxecto do recoñecemento extraxudicial que nos ocupa carece de todo tipo de tramitación administrativa e contable respecto dos cales non consta xustificación da súa necesidade, fiscalización e autorización previa do gasto”.
Tamén sinalna que “o orzamento aprobouse definitivamente o día 25 de febreiro de 2021, pero pola contra hai neste REC facturas de xaneiro e febreiro previas a esta aprobación, é moi duro escoitar e ver a provedores que levan un ano esperando por cobrar”.
Explican dende o PP que “a señora interventora menciona no seu informe a reiteración dos reparos emitidos respecto de distintos gastos e que fan referencia, en especial, á carencia de contratos para servizos ou subministros que, pola súa natureza e carácter reiterado, non poden ser considerados como contratos menores, imcumprindo a Lei de contratos do sector público, porque se fraccionan os traballos/facturas para non quitar a obra ou Servizo a concurso".
Davila e Troncoso sinalan que "cada ano o goberno presume de superávit nas contas do Concello, que teñen remanente de tesourería positivo que teñen sempre moitos cartos nas contas cando falamos dos REC, pero claro, a realidade é moi diferente o que soportan os papeis. Autónomos e pemes, esperan máis dun ano para cobrar polos seus servizos e traballos”.
Doutra banda explican que “os REC sempre existiron e existirán, pero unha cousa é un rec de 500.000€ polo total do ano anterior, e outra moi distinta é case 2.000.000 millóns, como o do ano pasado e que todo apunta que neste 2022 voltaremos a repetir”
Por último os populares recordan que “non se lle pode decir e pedir os veciños que paguen un abusivo e inxusto catastrazo en tempo e plazo (para que non se lle apliquen recargos ou embargos), e vostedes!, señoras/es do goberno salcedense, deberlle ano tras ano centos de miles de euros e centos de facturas os autónomos e pemes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11