MOS
A Agrupacón Socialista de Mos "muy reforzada" tras o Congreso Provincial
A pasada fin de semana os socialistas da provincia de Pontevedra celebraron o seu 4º Congreso na cidade de Vigo, no que nomearon a David Regades coma Secretario Xeral dos socialistas pontevedreses e o seu novo equipo. Un congreso marcado pola "unidade e integración, xa que os dous candidatos que se presentaron a optar a secretaria xeral, foron capaces de chegar a acordos para facer un gran partido forte de cara os vindeiros 4 anos" explican.
"O congreso estivo cargado de emocionantes recordos para os compañeiros socialistas que nos deixaron durante estes últimos anos, se fixo referencia o gran avance da provincia por parte da Deputación de Pontevedra, unha deputación que de maneira igualitaria esta facendo que a provincia medre cada vez máis, pero o máis importante, a labor das alcaldesas e alcaldes socialistas que dende o goberno dos seus municipios lle están mudando a vida dos seus veciños" sinalan dende o partido.
Foi un congreso "onde o importante era reforzar o municipalismo, seguir traballando dende as institucións pola igualdade real e conseguir que a mocidade este presente no día a día das institucións para mellorar a vida das veciñas e veciños da provincia, os socialistas de Mos saíron moito máis reforzados ca nunca" aseguran.
Victoria Alonso, voceira dos socialistas de Mos, foi elixida para levar a secretaria de formación na comisión executiva que lidera Regades coma secretario xeral dos socialistas de Pontevedra. Así mesmo, Mos tamén contará con dous membros no Comité Provincial, máximo Órgano de decisión do PSdeG de Pontevedra entre Congresos, Alejandro Figueroa e Delfina Rodríguez estarán representando a Mos no comité dun partido socialista forte, feminista e municipalista.
Victoria Alonso di estar "cada vez máis orgullosa do partido no que milita, tamén se sinte agradecida por que se fixese unha gran aposta por Mos no socialismo da provincia, manifesta estar cada día máis convencida de que o cambio a Mos vai a chegar da man dos socialistas, xa que o Concello de Mos esta pedindo a berros un goberno que pense na veciñanza, que faga política para mellorar o seu día a día como se esta vendo nos gobernos da contorna, Mos merece saír deste escurantismo e goberno do medo de Arévalo e o Partido Popular".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96