Vigo
O Concello inicia a humanización da Plaza Elíptica
O alcalde participou este pasado martes no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra que converterá a praza nun espazo “con decidida vocación de cultura ao aire libre”. Amais, o goberno municipal supera os 4 millóns de euros de investimento en humanizacións no rural.
“Unha grande humanización” adiantou o alcalde sobre os traballos que comezan a executarse na Plaza Francisco Fernández del Riego cun orzamento de 2.320.000 euros e un prazo de execución de 12 meses.
“Imos converter a Praza Elíptica nun nexo de unión entre o Castro, Gran Vía, Praza de España e a rúa Venezuela coa zona media de Vigo”, apuntou, que amais servirá para configurar un espazo “con decidida vocación de accións culturais, no que facer concertos, representacións...nace con vocación e cultura ao aire libre”. Así, avanzou a actuación da Orquestra Vigo 430 na inauguración da obra tras a humanización.
Tal e como explicou Caballero, a humanización supoñerá a instalación de dúas pérgolas que acollerán áreas de descanso con zonas verdes, ampliará a superficie peonil máis dun 30%, as pérgolas terán paneis solares para dotar de enerxía as instalacións proxectadas e a iluminación. Tamén se dotará de novo mobiliario urbano e renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de auga, luz, electricidade, comunicacións e gas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104