Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 17 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño contratará a 43 persoas desempregadas

O pleno aprobou inicialmente reservar preto de 225.000 euros para contratar a desempregados ao abeiro do Plan Concellos

O pleno da corporación local aprobou cos votos a favor do Goberno Local e EU SON do Porriño, e a abstención do resto dos grupos, a maior aportación municipal da súa historia para a contratación de persoal.

 

O custe do programa laboral deseñado polo executivo para a contratación de 43 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos roza o medio millón de euros: 450.489 euros, dos cales 226.489 corresponden á solicitude aprobada xa polo ente provincial. Os 224.061 restantes corren a cargo do Concello, que hoxe aprobou de maneira inicial a modificación orzamentaria precisa para dispoñer dese crédito.  

 


Estes traballadores e traballadoras integraranse nos diferentes servizos e departamentos municipais:

 

  • Obras:  dous oficiais de primeira  carpinteiro, un oficial de primeira soldador, tres oficiais de primeira albaneis, sete peóns de obra pública, dous oficiais de primeira electricista, un oficial de primeira fontaneiro e un oficial de primeira tractorista/conductor de grúa.
  • Parques e Xardíns:  doce peóns forestais.
  • Unidade Asistencial a Drogodependentes: un auxiliar de enfermería.
  • Servizos Sociais: un auxiliar administrativo.
  • Cultura: dous auxiliares administrativos.
  • Turismo: un titulado na diplomatura ou grao de Turismo.
  • Novas Tecnoloxías: un técnico en informática.
  • Emprego e formación: dous orientadores laborais.
  • Deportes, Mercados e Cultura: seis conserxes.

     


Declaración institucional de rexeitamento ao concerto de Kaydy Cain en Mos

A corporación manifestou a súa condena ao concerto que o cantante de trap Kaydy Cain ofreceu o pasado sábado no municipio veciño de Mos, así como “a calquera outro evento musical ou cultural que agreda á dignidade das mulleres”.  Tal e como reza o comunicado conxunto “ningunha expresión artística pode faltar ao respecto nin fomentar actitudes que promovan a desigualdade nas relacións entre homes e mulleres, xa que ao facelo fáltase aos valores sobre os que se cimenta unha sociedade democrática, libre e igualitaria”.

 

 

 

 

A sesión abriuse coa renuncia da concelleira Blanca Francés e rematou coa aprobación por unanimidade dunha declaración institucional contra o concerto de Kaydy Cain en Mos

 

 

 

 

En definitiva, o Concello do Porriño “traballa para construír valores de igualdade e respecto nas relacións persoais” e por iso a corporación no seu conxunto amosou o seu rexeitamento a concertos como o de Kaydy Cain que “fan apoloxía do machismo e van en contra dos valores que defendemos”.

 

O BNG presentou unha enmenda para incluír no texto que se retire a subvención autonómica que se deu á sala de festas mosense no marco do plan de reactivación post covid . A enmenda foi desestimada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.