Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas entre os 140 Concellos con “máis falta de pagamento nas facturas”

B. Villar: “Agora xa non o di o PP, o Ministerio de Facenda confirma que Ponteareas atópase entre os 140 concellos que teñen un volume desmesurado de falta de pagamento de facturas e obrígalles a realizar un Plan de Axuste antes do 22 de marzo”.

O Grupo Municipal do PP considera que “o malgasto do Bipartito ocasionou que agora mesmo atópese en números vermellos e teñan que recorrer a un novo Plan de Axuste para poder pagar todas as facturas que teñen no caixón, e o Ministerio de Facenda advírtelles que se non o fan, reteranlles os fondos”.

 

“Isto vai supoñer novos préstamos, novos intereses a pagar ao Ministerio de Facenda que, debido ao deixamento deste bipartito, vai adiantar o diñeiro para poder pagar a provedores. Vergoña tiña que darlles subirse o salario en 2021 e ter ás empresas e autónomos sen cobrar. Esiximos a comparecencia urxente do responsable de Facenda para que nos explique a canto ascende a débeda e cal é o comunicado recibido de Facenda. Isto non nos colle por sorpresa, levamos meses denunciado que o bipartito terminou coa liquidez existente. Foi todo un espellismo. Colleron un Concello saneado e volvérono a arruinar. O gasto por encima das posibilidades, A morosidade e o non cumprir cos pagos é algo que veñen practicando nos dous últimos exercicios”.

 

O PP considera que “o Bipartito estivo a vivir de rendas os primeiros anos de Goberno e que desde 2017 encargouse de dilapidar todo o traballo de austeridade levado acabo polos populares ata 2015”. “É unha pena que o Concello volva estar nesas listas de problemas financeiros con todo o esforzo que pasamos, que os propios funcionarios tiveron que arrimar o ombreiro, que os veciños tamén foron partícipes desta recuperación coa aplicación da subida do IPC. Ponteareas non se merece gobernantes tan irresponsables”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.