Vigo
A compañía Señora Supina estrea en Vigo a comedia Hotel Europa
A compañía viguesa Señora Supina estrea este venres 18 de febreiro no Auditorio do Concello de Vigo a comedia vodevil Hotel Europa.
“Con Hotel Europa queremos voltar aos escenarios priorizando o humor e tentando que o público ría e desfrute cos 15 personaxes que interpretan as catro actrices do equipo”, sinala Javier Lojo, director da proposta. “Os espectadores vanse a atopar ante un Hotel moi chamativo e co que pretendemos falar da perda da nosa identidade por mor da globalización e a especulación urbanística das nosas vilas”.
Hotel Europa é unha comedia vodevil áxil e divertida escrita por Ernesto Is e que conta coas actrices Raquel Crespo, Nola Drake, Raquel Ferraz e Alba Outeda, que interpretarán a unha morea de peculiares personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga, na que o público poderá descubrir as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do hotel. Con Hotel Europa, a compañía Señora Supina segue o camiño da súa exitosa comedia Cinco mulleres que comen tortilla coa que percorreron os teatros galegos, unindo comedia e o valioso papel da muller como creadoras de humor.
Hotel Europa é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado. Tras a estrea, a montaxe poderá verse en Vigo, Gondomar e Lugo, entre outros concellos de Galicia.
FICHA ARTÍSTICA
Texto: Ernesto Is
Actrices: Raquel Crespo, Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda e Javier Lojo
Dirección: Javier Lojo
Espacio escénico e iluminación: Vanesa Regengo
Deseño de vestiario: Raquel Crespo
Espazo sonoro: Javier Lojo e Ernesto Is
Colabora: Xunta de Galicia, Concello de Vigo, Concello de Gondomar, Concello de Ribas de Sil e cía. Feira do Leste
Duración: 80 minutos

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.4