Jueves, 26 de Marzo de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Marzo de 2026 a las 08:12:01 horas

Xornal21.es
Jueves, 17 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos e O Porriño disfrutarán xuntos deste entroido

O alcalde do Porriño e a Alcaldesa de Mos presentaron hoxe o I Desfile conxunto de Entroido entre O Porriño e Mos, que se celebrará o vindeiro sábado 26 de febreiro

Os veciños e veciñas do Porriño e Mos disfrutarán xuntos deste Entroido. Será o sábado, 26 de febreiro, desde as 18.00 horas da tarde, cando se celebrará o I Desfile Conxunto de Entroido entre ambos concellos no que polo momento participarán 16 comparsas, 8 do Porriño e 8 de Mos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentaron hoxe a que é a segunda actividade conxunta entre os dous Concellos, tras o pasado desfile de Rondallas. 

“Un evento que non é o primeiro, nin será o último que fagamos xuntos”, indicou Lorenzo, “Para min é un pracer e un orgullo que dous pobos limítrofes, irmáns e que facemos vida común no noso día a día disfrutemos de novo dun acto conxunto”. O alcalde animou á veciñanza a participar deste desfile que “se desenvolverá cun estricto cumprimento das medidas de seguridade sanitarias” e animou” a todos os/as porriñeses/as e a todos os/as mosenses a disfrutar desta xornada de festa e reencontros”. 

No mesmo sentido manifestouse a rexedora mosense, quen destacou que se trata de dous concellos “que conviven no comercial, no ocio, no cultural…. e que estamos obrigados a entendernos”. Arévalo quixo poñer en valor o entendemento e a boa disposición que supón colaborar en actividades que son o eixo da actividade cultural de ambos concellos, como o Nadal ou o Entroido, que “moitas veces coinciden o mesmo día á mesma hora en ambos concellos, algo que non se entende. Estou segura de que os cidadáns de Mos e do Porriño están aplaudindo a nova de poder disfrutar xuntos deste Entroido”.

Ambos rexedores agradeceron o labor indispensable que realizan a Policía Local e os voluntarios/as de Protección Civil dos dous concellos, sen os que sería imposible organizar este evento. 

Indicaron ademais que cada concello mantén a súa programación habitual, a maiores do desfile conxunto do sábado. No caso do Concello de Mos manterase o desfile do domingo de Entroido que se vén celebrando tradicionalmente na localidade mosense pola Avenida de Sanguiñeda. Será a partir das 18.00 horas do domingo 27 de febreiro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.96

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.