Redondela
Recuperación de 'A Pantalla' en Cesantes
'A Pantalla' de Cesantes, un elemento estreitamente vinculado á parroquia de Cesantes, vén de ser obxecto de traballos de restauración e recuperación por parte da Concellería de Patrimonio que xestiona María Castro seguindo a liña de posta en valor dos elementos do patrimonio cultural, artístico e etnolóxico do municipio.
Cómpre salientar que, pese a que este elemento non estaba recollido nas nas Norma Subsidiarias de Planeamento de Redondela nin no Plan Básico autonómico de elementos patrimoniais, o Concello que preside Digna Rivas solicitou un informe a Patrimonio para que, a recuperación de 'A Pantalla' se fixera seguindo estritos criterios técnicos que protexeran este elemento singular.
Digna Rivas, lembrou que a recuperación de 'A Pantalla' “non é un traballo illado, senón que forma parte dun proxecto de posta en valor do patrimonio do municipio”. Cómpre subliñar que ao abeiro deste programa recuperouse o Cemiterio de Eidos, “sumido no máis absoluto dos abandonos” e restauráronse a Fonte da Raíña e a Fonte de Santiago, entre outras moitas actuacións.
De feito, no informe de Patrimonio sinálase que “pola súa singularidade pode tratarse dun ben do patrimonio etnolóxico” e define como tal “os lugares, bens mobles ou inmobles, expresións, crenzas, coñecementos, actividades e técnicas transmitidas por tradición, que se consideran relevantes ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego ao longo da historia”
O estado de 'A Pantalla' distaba moito de ser bo xa que os técnicos apreciaron “mal estado de conservación con grafitis e a presenza de liques” polo que informaban favorablemente sobre a limpeza e restauración do mesmo seguindo os procesos que se aplica a calquera ben patrimonial.
Os traballos comezaron pola demolición do muro de fábrica de bloque contiguo e a limpeza e rexuntado da mampostería e limpeza dos graffitis para, de seguido, proceder á aplicación de tratamento biocida e hidrofugante e de barreira protectora reversible antigraffitis.
Para protexer 'A Pantalla' a limpeza fíxose manualmente e non utilizando, en ningún caso, técnicas como o chorreo de area ou auga a alta presión. Para conservar o seu aspecto orixinal, e seguindo as recomendacións de Patrimonio, non se empregaron morteiros de cemento optando só polos tradicionais a base de cal ou ben de cal e arxila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.150