Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 20 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra recibe a visita de Mónica Ledo López

Foi recente campiona de España de Tiro con Arco na modalidade de longbow

Esta semana o Concello recibía a unha deportista moi especial, xa que ademais de ser veciña da Parroquia de Alxén dende fai un par de anos, é a recente campiona de España de Tiro con Arco en Sala(18 metros) na modalidade de LONGBOW  (Arco tradicional). 

 

Ainda que leva ao redor de 7 anos no mundo do arco, Mónica Ledo xa posúe un palmarés envexable, acadando varios logros de importante valor competitivo, no que temos que destacar un BRONCE individual femenino no Campionato de España en Sala 2018, un 5º POSTO no ano 2020 e por suposto o recente OURO que nos amosa con moito orgullo. 

 

Ademais, esta campiona tamén compite en modalidade de Aire Libre (30 metros), obtendo unha valiosa medalla de PRATA en INDIVIDUAL e un OURO por equipos MIXTOS. 

 

Sen dúbida, estamos diante dunha muller con moita puntería nunha especialidade moi complexa, xa que na modalidade de LONGBOW, “os arcos son tradicionais, sen poleas, sen estabilizadores, sen visor, onde o equilibrio e a precisión corren a cargo da arqueira, sendo a intuición  a ferramenta estrela en cada flecha”, comenta a nosa veciña, matizando coa Alcaldesa e co Concelleiro de Deportes, as diferencias que se poden atopar con outras modalidades no tiro con arco. 

 

Dende O Concello queremos dar os nosos parabéns a Mónica, que se suma a un amplo número de deportistas locais de alto rendemento d@s que nos sentimos moi orgullosos, e que nos anima a seguir apostando polo deporte de Salvaterra.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.