Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O Porriño

A volta ciclista a Galicia partirá do Porriño a vindeira semana

Onte realizouse un traxecto en bicicleta de parte da primeira etapa da volta ciclista a Galicia, que se celebrará do xoves ao domingo da próxima semana e da que o Porriño será punto de inicio

A próxima semana Galicia acollerá un evento deportivo de primeiro nivel e o primeiro do ano de impacto internacional, a volta ciclista O Gran Camiño. O Porriño, concello cunha enorme tradición ciclista, foi o elexido para dar a saída desta carreira que percorrerá as catro provincias galega atravesando distintos tramos de rutas xacobeas.

 

Onte pola mañá realizouse un traxecto de parte da primeira etapa desta volta ciclista a Galicia. Na saída desde o Concello o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu aos ciclistas: o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz e ciclistas como Ezequiel Mosquera, Samuel Blanco, Álvaro Pino, Carla Fernández, Miguel Rodríguez, José González ou Rafa Sáez.

 

O rexedor reiterou a súa satisfacción por “destacar o Porriño como saída deste evento que atraerá a moitos turistas e visitantes ao noso municipio, ademais de proxectar todo o que somos e o que temos que ofrecer”.

 

O Gran Camiño será unha importante plataforma para amosar O Porriño a nivel internacional. Percorrerá todas as provincias galegas atravesando parte do Camiño Portugués o xoves na etapa entre O Porriño e Vigo; do Camiño de Fisterra e Muxía o venres no percorrido entre Bertamiráns, en Ames, e o mirador do Ézaro, en Dumbría; paisaxes da Vía da Prata o sábado no tramo entre as localidades ourensáns de Maceda e LUíntra; mentres que o Camiño Francés estará presente o domingo na última xornada coa contrarreloxo en Sarria.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.