GALICIA
O “fermosismo” chega ás edificacións de toda Galicia
O Goberno galego puxo en marcha en 2021 estas novas liñas de subvención, coas que axudou nun total de 222 municipios a mellorar o aspecto exterior de numerosos bens privados, así como de inmobles e elementos de uso público
Novo aspecto.
Ao longo do pasado ano unhas 445 familias e 66 concellos beneficiáronse de axudas para corrixir impactos paisaxísticos de edificacións particulares e municipais en toda Galicia.
Tratouse dun programa pioneiro, impulsado por primeira vez en 2021 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), e cuxa convocatoria inicial foi moi ben acollida tanto por parte dos cidadáns como polas entidades locais galegas.
De feito, o interese espertado por ambas ordes destas axudas da Xunta de Galicia, con máis de 800 solicitudes recibidas, fixo que o orzamento consignado se esgotara en poucos días.
Finalmente, un total de 445 particulares de 178 concellos beneficiáronse para acometer diferentes obras sobre os seus inmobles, incluíndo traballos de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas ou acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento.
Foron en total preto de 1,2 millóns de euros que se repartiron entre todos as familias, cun importe equivalente ao 70% do orzamento do investimento subvencionable e un límite máximo de 3.000 euros por persoa.
En canto á orde dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes, 66 municipios recibiron o apoio económico da Xunta en 2021 para levar a cabo diferentes intervencións de mellora sobre edificios e outros equipamentos baixo a súa titularidade. En concreto, a convocatoria tiña dúas liñas diferenciadas: unha para actuacións en edificios ou dependencias destinadas á prestación de servizos municipais e outra para melloras en equipamentos públicos como fontes, lavadoiros, palcos de música e hórreos.
Os 800.000 euros dispoñibles para ambas liñas tamén se esgotaron e as entidades locais beneficiarias recibiron ata un máximo de 25.000 euros se a actuación subvencionable tiña como fin intervir sobre un edificio municipal, e de ata 10.000 euros en caso de que o ben obxecto de acondicionamento, reparación ou rehabilitación fose unha fonte, un lavadoiro público, un palco da música ou un hórreo.
En conxunto, a primeira convocatoria das ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos dirixidas a particulares e a concellos saldouse con máis de medio milleiro de subvencións concedidas que permitiron intervir nun total de 222 municipios galegos. Ademais, tendo en conta que a achega da Xunta non cobre a totalidade do custo da actuación, estímase que grazas a estas subvencións se mobilizou un investimento total de 2,9 millóns de euros.
Novas axudas
En vista do éxito da primeira convocatoria, a Xunta volveu apostar este ano por brindar o seu apoio económico a aqueles cidadáns e concellos que executen actuacións de renovación, mellora e acondicionamento sobre edificacións e equipamentos que repercutan de forma positiva na súa contorna.
De feito, xa convocou de novo as dúas ordes de axudas dirixidas a propietarios particulares e concellos co fin de apoialos na execución de actuacións que permitan corrixir os impactos paisaxísticos en vivendas, edificios e equipamentos públicos de titularidade municipal provocados polo paso do tempo ou unha mala conservación. As ordes de axudas xa saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia, este ano en total volverán contar cun orzamento global de 2 millóns de euros.
A paisaxe é un elemento que contribúe a axudar a mellorar a calidade de vida e o benestar dos cidadáns xa que a contorna das persoas inflúe notablemente na súa actividade diaria, polo que é importante protexer a diversidade paisaxística de Galicia, apostando polo “fermosismo”.
Novo aspecto.Ao longo do pasado ano unhas 445 familias e 66 concellos beneficiáronse de axudas para corrixir impactos paisaxísticos de edificacións particulares e municipais en toda Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11