GALICIA
Xunta e Foroesgal reforzan as accións conxuntas para este ano
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza co presidente do Foro pola economía social galega (Foroesgal), Celso Gándara, no que abordaron o Plan operativo anual da entidade que financia a Xunta
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, abordou onte co presidente do Foro pola economía social galega (Foroesgal), Celso Gándara, as accións conxuntas que se levarán a cabo en 2022, ano no que Santiago é a capital española da economía social, sucedendo a Teruel. Na xuntanza celebrada en Santiago de Compostela, acordaron reforzar as actividades que forman parte do Plan operativo anual da entidade e que financia a Xunta a través dun convenio de colaboración que se asina anualmente e co programa de axudas destinado a apoiar o labor das asociacións da economía social.
O Plan operativo anual inclúe tres liñas estratéxicas con accións diferentes para cada unha delas. Do que se trata é de, en primeiro lugar, visibilizar a economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos; representar os intereses deste modelo empresarial; e, como terceira liña estratéxica, xerar as condicións para o desenvolvemento das entidades de economía social a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación pública.
Foroesgal está conformado polas cinco entidades máis representativas da economía social: Unión de Cooperativas de Galicia (Espazocoop), Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga). A Consellería de Emprego e Igualdade mantén o seu compromiso con estas entidades co apoio nos últimos doce anos de máis de 7,6 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11