Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 22 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O proxecto de Manuel Rodríguez renovará saneamento e abastecemento no 100% da rúa

O proxecto que se atopa en execución só contemplaba a acometida para unha das marxes da rúa

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, informou onte que se ampliou o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez que, pese a estar en execución, só renovaba as redes de saneamento e abastecemento de un dos lados da rúa.

 

“As obras están iniciadas pero o proxecto non incluía a renovación das redes de pluviais e fecais, saneamento ou electriciade para o 100% das vivendas da rúa, tan só ás dunha marxe”, explicou o edil, “Por iso redactamos unha ampliación que levará a cabo a mesma empresa”.

 

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo, explicou que “se invertirán preto de 40.000 euros para que todos os inmobles da rúa Manuel Rodríguez teñan acceso a estas redes públicas reformadas, ademais da preinstalación para redes de telecomunicación e de baixa tensión”. O rexedor apuntou que “non se pode acometer unha obra desta magnitude intervindo só na metade da zona afectada, tal e como estaba proxectada non tiña sentido algún”.

 

Cabe destacar que estas obras estanse a executar no tramo de Manuel Rodríguez entre a confluencia con Xogo da Ola e a Praza de San Sebastián e contaban cun orzamento de máis de 400.000 euros con cargo ao Plan Concellos.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.