Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 24 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Escolares do Porriño descubren o universo Antonio Palacios

Un total de 214 alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio participan nas visitas-obradoiro á mostra “Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia” no Museo do Mar de Galicia

O alumnado dos centros de educación primaria e secundaria do Porriño están a disfrutar das visitas-obradoiro á exposición temporal do Arquitecto Antonio Palacios “Soños de modernidade. Compromiso con Galicia”, instalada no Museo do Mar de Galicia.

 

Na actividade, organizada pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño, participarán 214 alumnas e alumnos dos colexios do municipio. As visitas comezaron hoxe e desenvolveranse ata o 29 de marzo.

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañou esta semana ao primeiro dos grupos que participou da actividade. “Estas visitas permiten aos nosos pequenos e pequenas descubrir máis a fondo a obra de Antonio Palacios dende un punto de vista práctico, dinámico, participativo e, por suposto, educativo”, explicou o rexedor, “É unha forma divertida de coñecer a figura e o traballo dun dos porriñeses máis ilustres”.

 

Os primeiros en participar hoxe foron o CEIP Plurilingüe de Atios e o CEIP Plurilingüe Antonio Palacios. Nas próximas quendas o farán o IES Ribeira do Louro, CPR Hnos. Quiroga, CPR Sto. Tomás, CEIP da Ribeira e CEIP Cruz Budiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.