VIGO
Vigo recibe 11 millóns dos fondos europeos para mobilidade
O Ministerio de Transportes resolveu favorablemente aos proxectos presentados polo Concello, que utilizará os fondos para o desenvolvemento das ramplas da Gran Vía, o ascensor HALO e a Vía Verde
O Concello vén de recibir 10.995.000 euros dos fondos europeos concedidos polo ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, enmarcados no programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e transformación dixital e sostible de transporte urbano.
O MITMA valorou “con moi alta cualificación” os proxectos das ramplas de Gran Vía, o ascensor HALO e a Vía Verde, polo que os rexedor puxo de manifesto o seu “agradecemento e recoñecemento” ao Goberno de España “que xa trasnferiu 12.286.000 millóns a Vigo”.
Caballero lembrou que Vigo xa recibiu fondos europeos doutros ámbitos: 671.728 para a mellora e modernización do mercado de Teis; 369.958 euros para a mellora do eixo turístico Teis – Bouzas coa implantación do comercio dixital; e 250.000 euros para a elaboración do plan de acción da Axenda Urbana de Vigo.
O alcalde, que participará na Conferencia de Presidente que se celebra o venres na Illa da Palma, trasladará aos líderes dos gobernos autonómicos e ao xefe do Goberno do España a importancia dos fondos europeos para os municipios. Tamén porá de manifesto que “Vigo non recibiu nin un céntimo da Xunta de Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57