PROVINCIA
Font: "o PP dinamita no pleno o seu plan de práctica laboral"
Carlos Font pregúntalle ao PP se se retracta da moción que presentou en 2018 pedindo a continuidade das bolsas precarias afirmando que funcionaban moi ben. “Este debate demostra como son, capaces ata de negar a paternidade dos seus propios programas”
"O Partido Popular renega da paternidade do Plan de Práctica Laboral, a medida estrela en materia de emprego que o anterior Goberno provincial, presidido por Rafael Louzán, puxo en marcha en 2013 e que foi eliminado en 2018 polo actual executivo". Despois da sentenza do TSXG a instancias de 38 persoas becadas, cuxa firmeza ven de ser ratificada recentemente polo Tribunal Supremo, o PP “dinamitou” no pleno provincial "toda defensa daquel programa de bolsas precarias ao tempo que evitou valorar o avance que supuxo a súa substitución polo actual programa de contratos e salarios dignos O Teu Primeiro Emprego".
O deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, compareceu no Pleno para dar conta dos efectos da sentenza e explicar que o auto do Supremo vén a levantar a suspensión dos procesos que as persoas bolseiras puideran interpoñer. Á vista desta resolución xudicial celebrou o acerto do actual Goberno da Deputación, reducindo case de inmediato o volume do Plan de Práctica Laboral ata a súa supresión en 2018. “Menos mal que acabamos co Plan do PP e menos mal que non lles fixemos caso a vostedes cando pedían aquí, neste mesmo Pleno, que continuaramos con el”. Font botou man das “abundantes fotografías e declaracións” do anterior presidente, Louzán, presumindo dos logros do Plan de Práctica Laboral, un operativo que entre 2013 e 2015 supuxo o paso de 1.444 persoas becadas por empresas, concellos e a propia institución provincial. Non quedou aí Font, pois ademais afeou o baixo nivel de inserción acadado, pois pouco máis dun 30% desas becas deron paso a contratos.
O deputado engadiu que “o autobombo” da etapa Louzán co Plan de Práctica Laboral continuou xa co PP na oposición, pois en 2018 o voceiro popular, Ángel Moldes, presentou unha moción ao Pleno para opoñerse á súa supresión e na que, literalmente, afirmaba: “Deixaron vostedes de contratar a 800 mozos recentemente titulados. Este Plan, dicía Moldes, funcionaba perfectamente, era exemplo para outras Administracións e estaba moi ben valorado polas persoas bolseiras. Esta Deputación nin sequera é quen de manter un Plan que funciona ben”. Font amosouse sorprendido de que o PP teña pasado subitamente do autobombo a tratar de “dinamitar” toda relación co seu “legado”. “Se Moldes e Louzán dicían o mesmo daquel “plan marabilloso”, o que non entendemos é por que o PP di agora xusto o contrario”. “Criticar o que antes se aplaudía, botar a culpa dos problemas causados por un mesmo non é serio. Hai que ter coherencia entre o que se fai cando se goberna e o que se di cando se está na oposición”.
Nun repaso histórico da situación herdada, Font explicou que o Plan de Práctica Laboral de 2015 xa estaba en marcha no momento en que se produciu o relevo democrático na Presidencia da Deputación, pero os cambios non tardaron en chegar. Xa en 2016 introduciuse un exame tipo test para a selección das persoas becadas e eliminar así a discrecionalidade. A continuación incrementouse o importe das retribucións e reforzouse o carácter formativo parar evitar a utilización das persoas bolseiras como man de obra barata e, finalmente, en 2018 foi eliminado. Deste xeito, dun plan de bolsas precarias pasouse a un plan de contratos en prácticas con tódalas garantías e baseado no Plan Estatal de Emprego Digno.
“Cascada de sentencias laborais contra a Xunta de Galicia”
Para contextualizar o debate, Font fixo un repaso da “cascada de sentenzas laborais contra a Xunta de Galicia, algunhas delas realmente vergoñentas” para preguntar á bancada popular se se escandaliza cando os tribunais ratifican que hai unha “purga” nas xefaturas de servizo dos hospitais do Sergas; ou cando a Xunta é condenada a converter en indefinidos a 2.522 traballadores/as eventuais; ou cando se condena ao Goberno galego a regularizar a interinos de longa duración como sucedeu, pro exemplo, cunha persoa que traballaba no Centro de Atención a Maiores de Cerdedo-Cotobade; ou cando se condena á TVG polas represalias contra o xornalista Carlos Jiménez; ou cando se tumba o sistema de carreira profesional do persoal funcionario e laboral ou , finalmente, cando se anulan as subcontratacións dos informes técnicos en materia de Patrimonio a unha filial de Tragsa.
Á luz de todos estes feitos preguntóuselle ao PP se se retracta das declaracións que fixeron tanto Louzán no seu día como o anterior voceiro do grupo provincial do PP defendendo a súa continuidade do Plan de Práctica Laboral. “Este debate demostra como son vostedes; son capaces ata de negar a paternidade dos seus propios programas”, afirmou Font.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91