Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 27 de Febrero de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Pleno apoia manter a colaboración do Concello co certame Roberto Vidal

"A falta de resposta do concelleiro de Cultura ás demandas das persoas organizadoras deste certame", levou ao grupo municipal do BNG a presentar unha moción no pleno, que ao aprobarse, garante a continuidade da colaboración municipal co certame literario.

 

O Certame de Textos Teatrais “Roberto Vidal Bolaño”, é un premio convocado pola Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro desde o ano 2018 que publica normalmente a súa convocatoria no mes de xaneiro. Ten como finalidade crear un fondo de textos susceptíbeis de ser representados por mozos e mozas, textos actuais, pensados para o século XXI. No ano 2019 e até o 2021, o Concello do Porriño sumouse a este certame cunha colaboración económica ao premio de 2000 € en metálico, mantendo tamén a Editorial Galaxia como parte do premio a publicación da obra gañadora. O IES Ribeira do Louro ten unha longa traxectoria de traballo co seu alumnado da ESO e Bacharelato na actividade teatral. En horario extra escolar, persoal docente, de forma desinteresada, transmite ao alumnado a paixón polo teatro e pola lingua, coa representación de distintas obras ou escenas teatrais. O grupo de teatro do centro educativo encárgase tamén de levar a cabo a posta en escena da obra gañadora de cada edición do certame. 

 

Saneamentos en Budiño e compra de parcelas no Louro

O Pleno aprobou tamén dúas mocións nas que reclama ao goberno local compromisos económicos para rematar proxectos iniciados polo Bloque desde as áreas de Urbanismo e Infraestruturas. Dous proxectos de saneamento no Picouzo e no tramo entre a Devesa e Vaquería, e tamén concluír coa compra de parcelas que permita ampliar o espazo de uso público na contorna do río Louro.

 

Praza 8 de Marzo no Porriño

Saíu adiante outra moción do BNG en relación á celebración do 8 de marzo onde se solicita, ademais do apoio institucional ás convocatorias e demandas do feminismo galego auto organizado, o compromiso de facer visíbel o nomeamento da Praza 8 de Marzo (na Avenida de Galicia); conforme ao acordado en sesión plenaria a instancias dunha iniciativa presentada no seu momento polo BNG.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.