Turismo
A mediados de marzo a Xunta lanzará unha nova edición do bono turístico
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o Goberno galego asumirá o 40% do importe das tarxetas, que poderán empregarse ata o 31 de decembro, a excepción dos meses de verán
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a partir de mediados de marzo está previsto que xa sexa posible presentar as solicitudes á nova edición do bono turístico, unha vez que esta semana se inicie tamén o proceso de adhesión das empresas turísticas interesadas en participar na convocatoria.
Alfonso Rueda explicou que a Xunta pretende continuar a reactivar a actividade do sector turístico a través do fomento do turismo interno. O bono #QuedamosenGalicia22 estará dispoñible un ano máis para todos os cidadáns maiores de idade empadroados nun concello galego con preferencia aos que non foran beneficiados na convocatoria de 2021. Nesta ocasión, a Xunta asumirá o 40% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 60%.
Ao igual que o ano pasado haberá tres tipos de bonos: un de 250 euros -100€ abonados pola Xunta e 150€ polos beneficiarios-; outro de 375 euros -150€ achegados polo Goberno galego e 225€ polos particulares-; e o terceiro de 500 euros -200€ pola Xunta e 300 polos particulares-. Cómpre lembrar que o ano pasado a tarxeta de maior contía foi a escollida na súa gran maioría polos solicitantes.
O vicepresidente primeiro sinalou que a data límite para o seu uso será o 31 de decembro de 2021, se ben durante os meses de verán -entre o 1 de xullo e o 15 de setembro- as tarxetas permanecerán inhabilitadas debido a que esta nova convocatoria vai enfocada a desestacionalizar a oferta e a manter a ocupación e a liquidez no sector na tempada de menor actividade e demanda.
Nesta liña, lembrou a boa acollida que o ano pasado tivo a anterior edición do bono converténdose nunha medida pioneira e nunha historia de éxito de principio a fin esgotando en 12 horas as 12.300 tarxetas dispoñibles e con case 1.200 establecementos turísticos adheridos.
Esta iniciativa permitiu inxectar 7,6 millóns de euros ao sector e supuxo un balón de osíxeno. Ademais, concentrou o consumo no último trimestre, o que da unha idea da capacidade de desestacionalización desta medida.
Así o explicou antes do corte de cinta da segunda etapa da volta ciclista a Galicia O Gran Camiño, onde asistiu xunto coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Tras a etapa de onte desde O Porriño a Vigo a través do Camiño Portugués, o percorrido de hoxe saíu da localidade coruñesa de Ames e pasará por puntos do Camiño Fisterra-Muxía ata chegar ao mirador do Ézaro, en Dumbría, onde a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participará na entrega de premios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217