VIGO
Usuarios de VMP de galicia maniféstanse en vigo contra as normativas actuais
A Asociación VIGO VMP convocou unha manifestación nas rúas do centro de Vigo
Os usuarios e usuarias de Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) de Vigo, xunto con apoios doutras cidades de Galicia como A Coruña, Pontevedra ou Ourense, sumáronse ás mobilizacións promovidas noutra ducia de cidades españolas en protesta polo novo marco legal elaborado pola Dirección General de Tráfico para este tipo de vehículos. Así mesmo, a manifestación tamén reivindicou unha revisión da ordenanza municipal, actualmente en período de alegacións, e que é unha das más restritivas de toda España na súa redacción actual aprobada polo Concello.
Con estes obxectivos, a Asociación de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal de Vigo (Vigo VMP) organizou unha manifestación con ruta de 8km este domingo, 27 de febreiro. Partiu da Praza do Rei ás 11 horas coa seguinte ruta:Praza do Rei - Ronda Don Bosco - República Arxentina - Areal - Pza Compostela - Beiramar - Coruña - Gran Vía - Fernando Conde - Padre D. Rúa e Venezuela, con regreso á Praza do Rei ás 12.30 horas aproximadamente, momento no que se lerá un breve manifesto.
DESCONTENTO XENERALIZADO
A marcha, na que participaron uns 60 usuarios de VMP, busca defender os intereses deste tipo de solución de mobilidade urbana e amosar o descontento xeneralizado a raíz da publicación no BOE do Manual de Características Técnicas dos VMP. As múltiples asociacións convocantes en toda España comentan que esta lexislación incapacitará o uso de centos de miles de vehículos legais (e mesmo subvencionados pola propia administración) nun período de tempo moi curto. A medida afecta o 90% do actual parque de VMP, e veranse especialmente afectados os patinetes eléctricos de alta gama e os vehículos autobalanceados, como os monociclos eléctricos.
Por outra banda, a recente aprobación no pleno da ordenanza municipal ten descontentos aos máis de 200 socios de VIGO VMP. Os usuarios non entenden como esta ordenanza, que ademais presenta algunhas contradicións coa lexislación de rango superior, se sitúa de cheo na cabeza entre as máis restritivas do país, provocando que un número importante de VMP non poidan circular nin por vías nin por carril bici, que se esixa un seguro de responsabilidade civil dunha contía desproporcionada, ou que se poida multar a un VMP por non ter un certificado de circulación que ata dentro de varios anos non se vai poder expedir e que aínda non é obrigatorio, ademais de prohibir o uso de VMP nalgunhas vías onde si é factible a súa circulación.
A asociación agradece, en calquera caso, a vontade e os esforzos que o Concello e a concelleira, Dª Elena Espinosa, están a realizar para oír as alegacións presentadas pola asociación nunha inminente reunión, así como as actividades socioculturais que prepara a entidade para desenvolver en Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57