Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 05 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño reivindica a "igualdade dende o berce"

O Concello do Porriño presentou a programación coa que conmemora o Día Internacional da Muller, unha semana de actividades divulgativas, culturais e lúdicas dirixidas especialmente á infancia e á mocidade

O Porriño vólcase na conmemoración do Día Internacional da Muller cunha completa programación dirixida especialmente á infancia e á mocidade.

 

A proposta da concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, xira baixo o lema "Igualdade dende o berce" destacando a importancia de educar en valores como principal ferramenta para construír unha sociedade igualitaria. "As/os nenas/os de hoxe serán as/os adultas/os de mañá", apuntou a concelleira, "Unha xeración educada sen distincións de xénero dende pequenas/os, conscientes da necesidade de alcanzar unha igualdade real e implicadas/os na reivindicación deste dereito darán forma a unha sociedade máis xusta e igualitaria".

 

No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo. "O cambio é necesario e a forma máis efectiva de avanzar cara el é a apostando pola educación", apuntou o rexedor, "Para rematar coas desigualdades que todavía sofren moitas mulleres polo mero feito de selo en moitos ámbitos das súas vidas, é necesario que a mocidade medre no respecto e na igualdade, condicións esenciais para evitar comportamentos machistas futuros e alcalzar unha igualdade real efectiva".

 

O alcalde e a concelleira presentaron a programación que propón unha semana de actividades culturais, divulgativas e lúdicas. Foi no CEIP Plurilingüe de Atios, onde se celebraba a primeira das accións: o obradoiro de RealKiddys sobre a hipersexualización e os micromachismos que se impartirá ao alumnado de 4º a 6º de primaria de todos os centros escolares da vila.

 

A actividade conmemorativa do Concello estenderase tamén aos institutos. Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Pino Manso e do IES Ribeira do Louro coñecerán o papel fundamental da muller na eliminación da discriminación por razón de sexo, no seu empoderamento e na creación dunha sociedade baleira de roles e estereotipos de xénero a través dun divertido "Scape room".

 

A programación continúa o 6 de marzo co espectáculo infantil "Eu de maior non quero ser princesa" amenizado polo dúo As Maimiñas. Será ás 17h na praza Arquitecto Antonio Palacios.

 

A xornada reivindicativa do 8 de marzo arrancará na Praza de Abastos do Porriño cunha "Homenaxe ás peixeiras" no que participarán o alcalde do Porriño e a alcaldesa de Mos. Será ás 10 h.  

 

Os actos trasladaranse á praza Arquitecto Antonio Palacios pola tarde. Ás 17 h comeza "Voces na rúa". Unha actividade na que a cidadanía será a principal protagonista achegando os seus coñecementos, opinións e reflexións sobre a importancia da muller ao longo da historia, a súa presenza e o seu arduo traballo na consecución do recoñecemento dos seus dereitos en igualdade cos homes.  Pechará a programación na praza a lectura do manifesto do 8M, ás 20:30h.

 

Ademais, o Concello do Porriño fará pública a súa Guía de linguaxe inclusiva a través das súas redes sociais e páxina web.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.