GALICIA
ACADAR promoveu autonomía persoal a 88 mulleres con discapacidade en 2021
O Programa de ‘Empoderamento e Activación para o Emprego’ de COCEMFE atendeu en Galicia a 88 mulleres con discapacidade, involucrou a 12 administracións e entidades sociais e detectou 1 caso con necesidade alta de atención por violencia machista
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) apoiou en 2021 o empoderamento e autonomía persoal, social e económica de 88 mulleres con discapacidade en Galicia a través do seu ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’, co que tamén loitou contra as múltiples discriminacións que afectan de maneira estrutural ás mulleres deste grupo social e promoveu a súa participación en todos os aspectos da vida.
Este programa, que desenvolve ACADAR maioritariamente na provincia de Pontevedra, finánciao a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) en colaboración co programa Incorpora da Fundación ”la Caixa”, onde se proporcionou atención a mulleres con discapacidade, que se atopaban en situación de desemprego, que necesitaban mellorar as súas condicións laborais e/ou que se atopaban nunha situación de maior vulnerabilidade.
O 75% das mulleres con discapacidade que participaron neste programa procedían de zonas como Vigo, Soutomaior, Moaña, A Guarda, Mondariz, Salvaterra de Miño e Tomiño. Todas elas atopábanse na busca de emprego e, a través de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral e actividades grupais destinadas a apoialas no seu proceso de empoderamento e autonomía persoal, moitas delas atoparon un recurso de apoio e motivación no seu proceso de inclusión laboral.
“Grazas aos obradoiros deste programa de empoderamento comprobei que non estou soa na aventura de busca de emprego. É unha tarefa moi difícil pero non imposible, e coñecer a outras mulleres na mesma situación, axuda a seguir loitando”, asegura unha das mulleres participantes no programa que responde aos iniciais D. P.
Esta iniciativa fomenta a autonomía das mulleres con discapacidade a través do empoderamento e o emprego e se desenvolve en Galicia por ACADAR grazas ao convenio establecido entre Fundación ”la Caixa” e COCEMFE
O ano pasado en Galicia dedicáronse 226 horas á atención individual, conseguiuse a inclusión laboral de 6 mulleres con discapacidade e impartíronse 116 horas de sesións grupais en empoderamento, habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica. Ademais, celebrouse 1 sesión de formación e sensibilización sobre xénero, discapacidade e emprego dirixidas á poboación en xeral e profesionais de entidades e administracións vinculadas este proxecto. De igual modo, involucrouse a un total de 12 administracións públicas e entidades sociais para a súa colaboración no programa e detectouse 1 caso con necesidade alta de atención por violencia machista.
O ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’, atópase dentro do plan de COCEMFE para o cumprimento da Axenda 2030 e do compromiso de ACADAR para contribuír ao seu cumprimento, concretamente co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible de igualdade de xénero (ODS 5), para o que é imprescindible acabar coa discriminación e a vulneración de dereitos sociais, económicos, civís e políticos ás que se enfrontan as mulleres e nenas con discapacidade.
Este programa de Empoderamento e Activación para o Emprego continuará desenvolvéndose durante este ano e as persoas interesadas en participar, poden poñerse en contacto coa técnica Diana Valeiras Carreiro, a través do correo electrónico igualdad.ourense@cocemfe.es ou no teléfono 617 101 436.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149