GALICIA
Estudantes da USC buscan soluciónspara mellorar a relación universidade - empresa
O ‘I Hackathon Social’, organizado polo Laboratorio Universitario de Innovación e Economía Social de Galicia, botou a andar a semana pasada
O I Hackathon Social organizado polo Laboratorio Universitario de Innovación e Economía Social de Galicia (LIES_GA) arrincou a semana pasada no Edificio Emprendia do Campus Vida (USC) contando coa participación de vinte e tres estudantes con ganas de compartir coñecementos e aportar valor á sociedade.
Este Hackathon nace do compromiso do LIES_GA de potenciar e desenvolver accións innovadoras no ámbito universitario. Así, o evento ofrece aos participantes unha experiencia tanto intensiva como inmersiva na que desenvolverán solucións de carácter innovador e transversal ao reto de mellorar a relación universidade-empresa no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Ditas solucións buscan mostrar o potencial da tecnoloxía para dar resposta aos retos sociais da propia universidade.
O reto é formular solucións que aposten pola innovación, o emprendemento social e a sostibilidade
A actividade comezou ás 16:00 horas coa exposición e intercambio de ideas, e a creación dos grupos de traballo. Entre o alumnado participante atópanse estudantes dos graos de economía, administración e dirección de empresas, filoloxía, matemáticas ou enxeñaría informática; así como estudantes de máster e doutoramento.
“Apostamos pola realización de actividades que visibilicen e potencien no ámbito universitario novos modelos e formas de facer, promovendo no estudantado destrezas e habilidades que complementen a súa aprendizaxe”, afirman desde o equipo do LIES_GA . Neste sentido, o Hackathon Social representa unha oportunidade única de explorar e ampliar competencias relacionadas coa innovación e o emprendemento social, de potenciar o seu talento e de orientar os seus primeiros pasos no ámbito laboral.
O Hackathon finalizará o sábado cando os equipos presenten as súas propostas e representantes do LIES_GA e da Área de Valoración, Transferencia e Emprendemento da USC que colabora neste evento, seleccionen as mellores propostas, que recibirán como premio produtos de novas empresas elaborados de forma sostible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11