Viernes, 08 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 08 de Mayo de 2026 a las 13:01:34 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 08 de Marzo de 2022 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación vén de aprobar as bases para destinar 250.000 € a campionatos deportivos

As axudas contan con dúas liñas centradas na organización de campionatos internacionais e estatais e na celebración de competicións oficiais e non oficiais de todos os ámbitos territoriais

No marco da firme aposta pola promoción da práctica deportiva na provincia, o impulso ao desenvolvemento social e a mellora da calidade de vida da cidadanía, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases para destinar 250.000 €, por concorrencia competitiva a entidades deportivas da provincia para organizar campionatos, eventos e actividades. “Somos a administración que máis apoia ao deporte na provincia e isto nótase moito, xa que os maiores éxitos deportivos de Galicia estanse a dar nesta provincia”, asegurou a presidenta Carmela Silva.

 

As subvencións cuxas bases vén de aprobar o Goberno da institución provincial contan con dúas liñas de axudas, tal e como detallou a presidenta. A primeira delas, cun orzamento de 120.000 €, está destinada á realización de competicións deportivas oficiais, de ámbito estatal ou internacional federadas, con denominación de campionato ou copa de España, Europa ou do Mundo. A segunda delas, cun orzamento de 130.000 €, vai dirixida á realización de competicións oficiais e non oficiais de todos os ámbitos territoriais, sexan ou non federadas.

 

O pasado ano beneficiáronse destas subvencións 156 entidades e clubs que puideron organizar probas deportivas en 36 concellos da provincia como o Campionato de España de Bolo Celta, o Campionato de España de Clubs Infantís Femininos, o Campionato de España de Bádminton sub 17, a Copa de España de Slalom Olímpico, open de xadrez, festivais de windsurf, rutas BTT, rallys, torneos de tenis de mesa ou regatas de traiñeiras, entre outros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.