GALICIA
A Xunta avoga por que a mocidade elixa seus proxectos vitais e profesionais sen condicionantes de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou no V Congreso escolar polas igualdades que organiza o IES Maruxa Mallo de Ordes
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou no Congreso escolar polas igualdades -que organiza desde hai 5 anos o IES Maruxa Mallo de Ordes-, onde horas antes da conmemoración do 8-M, Día internacional da muller, reivindicou que as nenas e mozas poidan elixir os seus proxectos de vida e profesión sen estar condicionadas; unha tarefa na que a Xunta está implicada, dixo, con actuacións a prol da coeducación e a formación no entorno escolar.
A secretaria xeral reivindicou o modelo que propugna a Xunta por medio do seu I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia, que naceu co obxectivo de abordar a coeducación e a prevención da violencia de xénero desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal.
“A través da coeducación quérense transformar as relacións entre mulleres e homes”, remarcou López Abella, quen lembrou que “a socialización diferencial segue a ter un gran impacto nos comportamentos e nas expectativas dos nenos e das nenas”.
Nesta liña, a secretaria xeral mostrou cifras que evidencian que a elección de estudos universitarios segue a mostrar prexuízo de xénero, “unha división que acaba por condicionar as traxectorias profesionais de mozos e mozas e perpetúa a segregación ocupacional”. Así, indicou, a porcentaxe de mulleres matriculadas nas universidades galegas é amplamente maioritaria nas Ciencias da Saúde, onde representan en torno ao 73 % do alumnado e nos estudos da rama das Artes e das Humanidades (aproximadamente o 67 %). Pola contra, os graos científico-técnicos seguen a presentan un perfil claramente masculinizado, con menos dun 30 % de mulleres.
Defendeu o reforzo das iniciativas coeducativas e do papel das familias para achegar ás nenas e mozas á formación científica, tecnolóxica, matemática e de enxeñaría
A Xunta considera imprescindible “seguir traballando para promover a elección de proxectos vitais e profesionais sen condicionantes de xénero”, afirmou a secretaria xeral , que se mostrou partidaria de reforzar as iniciativas coeducativas e difundir referentes femininos en todos os eidos, en especial no eido das vocacións STEM, a área das ciencias, enxeñerías, tecnoloxía e matemáticas.
López Abella apelou á implicación das familias na sensibilización e formación da mocidade en materia de igualdade de xénero que se debe trasladar, segundo indicou, á elección de estudos, profesións ou actividades deportivas; á corresponsabilidade no fogar ou ás relacións afectivas, entre outros eidos.
Formar desde idades temperás
A Xunta, pola súa banda, seguirá promovendo o principio de igualdade no deseño e implantación das políticas da Administración e nomeadamente no ámbito educativo (currículo educativo, plans de coeducación, convenios, protocolos, etc.). Tamén, comprometeu López Abella, o Goberno galego seguirá a formar ao persoal docente en igualdade e prevención das violencias machistas e divulgará a coeducación e a educación afectivo sexual dirixida á infancia e a mocidade para promover relacións igualitarias e respectuosas.
Neste marco de actuacións, a Consellería de Emprego e Igualdade estrea hoxe unha actividade de contacontos que trasladará a 35 centros educativos de infantil e primaria que forman parte do programa Donas de Si. A iniciativa comezará por tres centros de Porto do Son (CEIP Portosín, CEIP de Seráns e CEIP Plurilingüe de Campanario) co obxectivo de contribuír, desde as idades máis temperás, a inculcar a cultura da igualdade e a súa consolidación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11